Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidade F.S.P., en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento de actuacións dirixidas ao desenvolvemento e consolidación da infraestrutura verde para a renaturalización e resiliencia de cidades españolas correspondente ao ano 2024 cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O proxecto de renaturalización do ambito ALCABRE-VERDE, xunto ao plan de seguimento e avaliación (C3), conformarán dous instrumentos que permitirán:
A proposta para a renaturalización do ámbito Alcabre_Navia redundará en termos económicos. Por un lado, ó investir estratexicamente os recursos, articúlase un uso eficiente destes, dando resposta a variables sociais e ambientais a través dunha única vía de investimento.
Mediante as actuacións de renaturalización do ámbito alcabre-Navia mellórase o espazo público, mitiga o cambio climático, etc. Por outro lado, un enfoque ecosistémico e de naturalización de procesos urbanos redunda en aforro económico, sobre todo nun escenario de cambio climático. A xestión preventiva e continua con SbN resulta máis rendible que a xestión do impacto (incendios forestais en zonas declaradas de risco, erosión costeira de praia de Samil, xestión de pragas e especies exóticas invasoras ataxadas mediante medidas culturais, etc.).
Toda a proposta de conectividade ecolóxica do ámbito Alcabre-Navia e a busca de cohesionar e facer sustenible o seu contorno construído posúe un alcance e ambición espacial e temporal. As actuacións que se van desenvolver repercutirán a futuro en aforro económico e xestión de recursos, debido á naturalización de procesos do metabolismo urbano (con menores achegas de insumos). Pola súa vez, a medio/longo prazo, aumentarase a resiliencia da parroquia fronte ao cambio climático.
Obxectivo xeral do proxecto | Obxectivos específicos | Obxectivos específicos | Accións que desenvolven cada obxectivo específico |
---|---|---|---|
Descrición | Código | Descrición | Código da acción/es |
Abordar o impacto das dinámicas de fragmentación do espazo rural-urbano a través da conectividade ecolóxica | O.1 | Aumentar a resiliencia da interface urbano-forestal fronte a incendios forestais | A1, B1, C1 |
O.2 | Aumentar a provisión dos servizos ecosistémicos dos espazos públicos e as zonas verdes | A1, B1, B2, B3, B4 | |
O.3 | Mellorar a transición paisaxística entre os sistemas urbanos, agroforestais e costeiros. | A1, B1, B2, B3, B4 | |
O.4 | Fomentar a mobilidade sustenble entre Alcabre e Vigo a través da renaturalización | A1, B1, B3 | |
O.5 | Potenciar a integración das xeramentas de xestión do territorio | A1, C1 | |
O.6 | Concienciar á cidadanía e formar a equipos técnicos sobre a importancia da infraestrutura verde | A1, C2 |
ACCIONES TIPO B PROPOSTAS – IMPLEMENTACION NO TERRITORIO | |||
---|---|---|---|
Índice de accións | Índice de accións | Entidade coordinadora da acción | Resultados |
Código | Título | ||
B1 | Transformación da Avenida de Europa nun conector ecolóxico | CONCELLO DE VIGO | B1R1: Aumento da permeabilidade e mellora da funcionalidade ecolóxica do eixo |
B1R2: Mellora e creación de novos hábitats | |||
B1R3: Deseño de novos criterios para unha mellor xestión agroforestal | |||
B1R4: Aumento da calidade da contorna urbana, accesibilidade e conectividad ciclo-peonil | |||
B2 | Renaturalización da fronte litoral de Alcabre | CONCELLO DE VIGO | B2R1: Mellora funcionalidade ecolóxica da infraestrutura verde existente |
B2R2: Adaptación e integración de barreiras antrópicas | |||
B2R3: Aumento da conectividad funcional para a fauna marítima e terrestre | |||
B2R4: Aumento da accesibilidade e conectividad peonil | |||
B3 | Renaturalización e humanización da VG-20 e o seu nó coa Avenida Atlántida | CONCELLO DE VIGO | B3R1: Incremento da diversidade arbórea e arbustiva nas áreas verdes |
B3R2: Mellora da conectividad e funcionalidade ecolóxica da infraestrutura verde existente | |||
B3R3: Redución dos impactos ambientais derivados do tráfico rodado motorizado (emisións/ruído) | |||
B3R4: Aumento da calidade da contorna urbana, accesibilidade e conectividad peonil | |||
B4 | Mellora da infraestrutura verde urbana dos barrios de Alcabre-Navia Parque de Navia | CONCELLO DE VIGO | B4R1: Aumento da permeabilidade do espazo público |
B4R2: Aumento da funcionalidade ecolóxica da infraestrutura verde existente | |||
B4R3: Optimización da sustentabilidade e eficiencia dos espazos verdes públicos | |||
B4R4: Mellorar da accesibilidade e a diversidade de usos no espazo público |
Por resolución de data 27/08/2025 da Dirección da Fundación Biodiversidade F.F.P. da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento de actuacións dirixidas ao desenvolvemento e consolidación da infraestrutura verde para a renaturalización e resiliencia de cidades españolas correspondente ao ano 2024, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Concédese entre outras a seguinte axuda
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100