Arquivo municipal
Finalmente, o Arquivo municipal de Vigo custodia tres coleccións non documentais:
A colección hemerográfica está composta por diferentes publicacións, tanto oficiais como de entidades privadas. Estas últimas abranguen diversos materiais como xornais diarios ou semanais e publicacións periódicas.
No referido ás publicacións oficiais podemos destacar, pola súa extensión cronolóxica e o seu volume, a colección do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o Boletín Oficial do Estado. Da primeira consérvanse a práctica totalidade dos exemplares, sendo o primeiro número anterior, incluso, á implantación da propia Deputación de Pontevedra. Así, o primeiro exemplar está datado en 1835 e o último en 2010. Da segunda, consérvanse varios exemplares da primeira metade do século XIX e a práctica totalidade dos exemplares a partir de 1870.
Por outra parte, tamén son moi destacadas outras publicacións oficiais, a pesar da súa reducida extensión cronolóxica e da seu escaso volume, como son o Boletín Oficial de Galicia (1833) e o Boletín Oficial da Provincia de Vigo (1840).
Xunto a estas publicacións tamén podemos mencionar outras como o Diario Oficial de Galicia, o Boletín Oficial das Cortes Xerais (Congreso e Senado) ou o Boletín do Rexistro Mercantil.
Colección conformada, principalmente, por fotografías realizadas durante os actos oficiais do Concello ou daqueloutras actividades promocionadas, fomentadas ou nas que participa a propia Institución. Tamén se poden encontrar instantáneas referidas ás rúas e edificios da cidade sendo unha importante fonte para apreciar a evolución arquitectónica e urbana da cidade.
Nestes momentos disponse de máis de dúas mil fotografías descritas e dixitalizadas sobre as que se está a traballar para poder poñelas a disposición do público.
Ademais, tamén posúe unha colección de carteis referidos á distintos eventos culturais e festivos, así como pósters de promoción da cidade. Está pendente de catalogación
Pequeno fondo bibliográfico que reúne preto de dous mil volumes, conformándose como unha biblioteca auxiliar. Está conformada por obras de carácter xurídico-administrativo e histórico con especial importancia daquelas obras referidas á propia cidade de Vigo e a súa contorna.
Está pendente de catalogación
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100