Cultura e arte
Horarios:
Servizos:
Proxectado polo arquitecto galego César Portela e situado na contorna da praia de Samil, o Verbum - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana; está deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Estrutúrase en catro andares unificados por unha caixa de luz que os atravesa e os relaciona, semellando un conxunto de caixas chinesas que se conteñen as unhas ás outras.
O museo é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coas linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escrita, a literatura e a tecnoloxía.
O deseño expositivo organízase en 29 cubos que conteñen, no seu interior, un total de 81 módulos que desenvolven os distintos temas do museo: linguaxe, ciencia, literatura e tecnoloxía. Ademais, o museo organiza actividades interactivas destinadas a escolares, asociacións culturais, familias, etc.
Alberga tamén unha Sala de Exposicións Temporais, así como un auditorio e unha aula para seminarios.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100