Servizos cidade

Limpeza

Oficina Municipal de Limpeza

  • Enderezo: Praza do Rei 1, 2ª planta. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 223
  • Email: tecnico.limpeza@vigo.org
  • Horario da Oficina: de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas.
  • Teléfono de recollida de obxectos: 900 859 660

Servizos específicos levados a cabo polos propios traballadores municipais:

  • Labores de inspección, coordinación e vixilancia dos servizos realizados polas empresas concesionarias.
  • Vixilancia no vertedoiro do Zondal, para impedir a deposición de residuos no mesmo.
  • Supervisión do correcto funcionamento dos fachos de Biogás, de forma que o gas que se xere no interior do vertedoiro estea en todo momento baixo control.
  • Control das entradas de residuos urbanos na ecoplanta de Guixar, impedindo o verquido dos residuos non catalogados como tales.
  • Traballos de limpeza de camiños, fosos e praias, realizados polos operarios municipais, organizados en brigadas de limpeza e axudados por diversos medios mecánicos (vehículos recolectores, tractores, rozadoras,...) e manuais, desempeñando estas tarefas ao longo de todo o ano, segundo as necesidades do momento.

Nesta sección, atopará a información relacionada coa limpeza urbana

  • Trámites de Limpeza: todos os trámites da Oficina Virtual relacionados coa recollida diferenciada de residuos urbanos.
  • Residuos: información sobre os tipos de residuos e información sobre os servizos e recursos disponiblese no municipio para a súa recollida.
  • Empresas concesionarias: relación de empresas e servizos específicos que levan a cabo, así como as súas direccións teléfonos de contacto.
  • Enlaces de interés: sección na que atopará direccións de organismos oficiais, entidades e empresas relacionadas coa limpeza e o medioambiente.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100