Sanidade e Saúde
Benvidos a este novo espazo onde subiremos información técnica moi interesante e práctica, en formato descargable para que poidades gardar os arquivos e utilizar os contidos na vosa vida diaria. Pretendemos crear unha canle útil entre a Unidade Concello Saudable e os cidadáns do Concello de Vigo, de xeito que dispoñades de información actualizada sobre os principais aspectos que definen un estilo de vida saudable.
Ainda que todos nos plantexamos novos e impactantes "retos" cada ano, a realidade confírmanos que iso non funciona nun período de tempo prolongado, e por tanto non é válido. Aportarémosvos información de axuda para introducir pouco a pouco medidas na vosa vida que permitan adicar algo de tempo á práctica de actividade física de intensidade moderada, a coidar os tipos de alimentos e formas de cociñalos que sexan compatibles co voso ritmo de vida e co mantemento da saúde. Tamén abordaremos o problema do tabaquismo na nosa sociedade, tan relacionado con enfermidades como o cancro.
Animámosvos a que usedes a información dispoñible nesta web e vos plantexedes pequenos cambios semanais ou incluso mensuais na vosa axenda diaria.
O coidado da saúde é prioritario para permitir unha calidade de vida óptima.
Descargas e Enlaces
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100