Logos

Plan de medidas antifraude

A Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o sistema de xestión do PRTR, é de aplicación ás entidades que integran o sector público de conformidade co disposto no artigo 2.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, así como cantos outros axentes interveñan na execución do PRTR como receptores de fondos, establecendo os procedementos e instrumentos necesarios para garantir a súa coordinación e seguimento.

Á vista do contido desta Orde, o Concello de Vigo como entidade beneficiaria e executora de proxectos financiados con fondos económicos do PRTR, designou como entidade instrumental á Xerencia Municipal de Urbanismo que deberá contar cun "Plan de medidas antifraude" que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, utilizáronse os fondos correspondentes de acordo coa normativa aplicable, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección de fraude, corrupción e conflictos de intereses. En base a isto, procedeuse a conformar documentalmente o Plan de medidas antifraude.

O "Plan de medidas antifraude" é de aplicación á totalidade das empregadas e empregados públicos que exercen as súas funcións no organismo autónomo do Concello de Vigo.

Con carácter xeral aplicarase ao ámbito xeral dos servizos prestados pola Xerencia Municipal de Urbanismo en relación ás tarefas de xestión, seguimento, control e pagamento de todos os procedementos administrativos que a vinculen, e de forma específica, a todos os expedientes que se desenvolvan financiados co Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, a través dos fondos Next Generatión EU, sobre os que teña a responsabilidade de entidade instrumental.

Así mesmo, as medidas do Plan serán de aplicación, co grao de obrigatoriedade correspondente, ás entidades e persoas beneficiarias persoais, socios, contratistas e subcontratistas, que resulten perceptores o cuxas actuacións sexan financiadas con fondos provintes destas actuacións.

Enlaces:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100