Igualdade

Violencia de xénero

O obxectivo desta páxina é alertar ás mulleres que sofren malos tratos, darlles a posibilidade de saber cal é a súa situación, os servizos municipais á súa disposición, lugares de acollida e asesoramento específicos. Todo iso co fin de animalas a denunciar e axudalas a saír desa situación: romper co ciclo da violencia e recuperar as rendas e o control da súa vida.

Definición de Violencia- Definicións de violencia contra a muller, de Nacións Unidas, violencia de xénero e de malos tratos no ámbito doméstico.

Tipos de Violencia- Descrición dos tipos de violencia, para axudar a recoñecelos e tomar conciencia: se se dan algúns destes comportamentos na túa relación de parella, estás vivindo unha relación violenta.

Ciclo da Violencia- Fases das agresións violentas, comportamentos típicos do agresor e reflexión como primeiro paso de rexeitamento e denuncia das situacións violentas.

Recomendacións ante agresións- Recomendacións, pautas e consellos prácticos, para actuar desde o mesmo momento en que se produce a agresión.

Sair da Violencia- É posible saír das situacións de violencia, coñece o que debes saber para actuar e liberarche, así como os beneficios para ti e para a túa vida que terás rompendo coa situación de malos tratos.

Dereitos das mulleres vítimas da Violencia de Xénero- Relación de medias legais e dereitos, tanto municipais, como autonómicas e nacionais ás que se poden acoller as mulleres vítimas da Violencia de Xénero.

Onde acudir: Recursos e Servizos- Guía Rápida de direccións e teléfonos, cos servizos e recursos dispoñibles, para saber onde acudir ou chamar ante situacións de Urxencia.

Programa municipal de axudas económicas para mulleres en situación de violencia de xénero- A finalidade destas axudas é a de apoiar ás mulleres en situación acreditada de violencia de xénero para afrontar unhas necesidades derivadas principalmente da violencia de xénero no proceso de ruptura co agresor e sempre que, a xuízo dos servizos municipais de atención á muller, non poidan ser cubertas pola beneficiaria.

Guía información xeral sobre violencia de xénero en 5 idiomas.

Este material está dispoñible en 5 idiomas: galego, castelán, inglés, francés e chinés co obxecto de garantir que esta información chegue por igual a todas as mulleres, independentemente do idioma que empreguen.
Os/As profesionais dos servizos sociais, sanitarios, educativos, policiais, e demais axentes sociais, poderán empregar esta guia como material de apoio para a detección, atención, derivación e coordinación dos casos de violencia de xénero nos que interveñan.

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100