Vigo
Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais.
O seu porto atlántico, o seu aeroporto, a rede de estradas e o ferrocarril permiten a existencia dunha ampla oferta de transportes para todos os gustos e todas as posibilidades.
Vigo conta con tres grandes vías:
As principais conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Estremadura, Andalucía... Tamén conta con rutas internacionais con Portugal (Porto, Lisboa e Algarve), Francia, Suíza, Bélxica, Holanda, Dinamarca e Alemaña.
Existen conexións diarias entre Vigo e as cidades veciñas: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e Porto.
Ademais a oferta inclúe expresos e talgos cada día cara a Madrid e Barcelona, e trens directos a León, Ponferrada, Bilbao e Alacante.
O porto vigués recibe cada ano miles de pasaxeiros de cruceiros, entre os que destacan: Queen Mary II, Independence of the Seas, Voyager of the Seas, Queen Victoria, Msc Orchestra, Celebrity Equinox ...
Durante todo o ano hai transporte diario ás localidades de Moaña e Cangas do Morrazo.
Ademais, realízanse rutas ás Illas Cíes e Illa de Ons.
O aeroporto de Vigo está situado a 10 km do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de voos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Tenerife Sur e Valencia e voos internacionais a París.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100