Igualdade
A Concellería de Igualdade desenvolve periódicamente un programa de actividades gratuítas dirixidas a mulleres na Casa das Mulleres (Romil n/20):
A Concellería de Igualdade desenvolve no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo un programa de actividades de extensión cultural, que se ofrece de forma periódica e gratuíta: club de lectura, faladoiros, espazo wikimulleres, laboratorio de lectura e escritura, presentación de libros, etc.
Máis información sobre as actividades en www.igualdadevigo.org, na sección NOVAS.
Ademais, o Concello de Vigo subvenciona actividades de promoción das mulleres e de fomento da igualdade organizadas polas entidades sen ánimo de lucro da cidade.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100