O organigrama actual está composto por:
- Coordinador do Servizo: Alberto Rodríguez Rey
- Presidente da Xestora: Jesús Raúl Epifanio Lemos
Grupos
O equipo de persoas que integran esta agrupación de voluntarios sen animo de lucro está composto por:
- Voluntarias ou voluntarios: son persoas constantes, que cobren os servizos mínimos e infórmaselle de cada un deles cada fin de semana.
- Colaboradores: son persoas ás que se avisa en caso extremo de falta de persoal ou en servizos multitudinarios.
Pola situación dos servizos temos que dividir entre terra, mar e formación, esta última é un grupo diferente pero que traballa conxuntamente cos dous primeiros.
- Dentro de a unidade de terra temos a seguinte división:
- Reténs: son servizos de prevención, intervención e planificación, nos que un certo número de persoas co seu correspondentes equipos están preparados para calquera aviso que poidan ter do 112.
- Bicis: é unha sección que sae principalmente para cubrir as praias, marchas ciclistas, cabalgatas,..
- Socorros: é un grupo formado por socorristas, que están constantemente actualizando os seus coñecementos.
- A unidade de mar é unha unidade que funciona diariamente no verán,
desde xuño a setembro. Nos días laborais sae unha embarcación cun
patrón, un socorrista e un tripulante. Os fins de semana e festivos
saen dúas embarcacións. Ademais esta unidade encárgase dos servizos
como regatas, concursos de pesca, etc.
- A parte de formación é tanto interna (na nosa base) como externa (Academia Galega de Seguridade Pública). Todos os voluntarios deben formarse nalgún tipo de especialidade.
Funcións
As funcións básicas son:
- Previsión: análise e estudo de riscos.
- Prevención: adopción de medidas para evitar ou diminuír o risco.
- Planificación: elaboración de plans.
- Intervención: actuacións para protexer ás persoas e os seus bens.
- Rehabilitación: son as medidas posteriores ao suceso.