Cultura e arte
Horario de Bibliotecas:
Museo Francisco Fernández del Riego (1ª planta). -
Horario de sala de exposicións e museo:
Sala de Exposicións
O edificio provén da unión de dous, un de 1785 con fronte á praza da Constitución, que ocupaba a Casa Consistorial de Vigo e outro á praza da Princesa que en 1858 anexionou o arquitecto José María Ortíz. Dende esta data o inmoble é de propiedade municipal.
No ano 1978 o Concello trásladase á súa sede actual e o lugar convértese en Casa da Cultura e Biblioteca Pública.
En 1985 o Concello, conforme ao Convenio asinado coa Fundación Penzol, cede a esta os locais necesarios para instalar a súa biblioteca e os seus servizos.
No 1993 o edificio inicia unha reforma, na que se inclúe a anexión do edificio colindante con fronte á Porta do Sol. O 15 de xuño de 1995 inaugúrase co nome de Casa Galega da Cultura.
Na actualidade é a sede da Fundación Penzol e da Bibloteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Conta ademais cunha sala de exposicións temporais e un salón de actos cun aforo de 66 persoas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100