Servizos Sociais

Consello de accesibilidade

Coa finalidade de traballar cara á eliminación de barreiras urbanísticas, arquitectónicas e de comunicación creouse o Consello de accesibilidade o 6 de xuño do 2003.

O regulamento do Consello local de accesibilidade, aprobado en pleno, potencia a participación das persoas con discapacidade nas políticas municipais de atención, integración social e calidade de vida.

Trátase dun órgano colexiado de carácter consultivo e de participación no ámbito dos servicios sociais, en tódalas cuestións referentes á problemática das persoas con discapacidade.

O Consello local de accesibilidade ten como principais funcións estudiar e emitir informes sobre os aspectos relacionados coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. Emitirá ditames e informes sobre todas aquelas cuestións relacionadas, asesorando á corporación municipal.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100