A Xunta Reitora do Organismo Autónomo EMAO, na súa sesión de data 16 de abril de 2015, acordou o seguinte:
"1.- Aprobar o Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, composto polos seguintes documentos redactados polo técnico superior de Cultura e Educación do Concello de Vigo, director en funcións da EMAO":
A Xunta Reitora da Escola Municipal de Artes e Oficios, na sesión ordinaria do día 10 de decembro de 2015, adoptou o seguinte acordo:
"Aprobar as seguintes modificacións (Modificación num. 1) do Plan de Estudos 2015 da EMAO (PEMAO2015), que fora aprobado pola Xunta Rectora do Organismo Autónomo EMAO de 16 de abril de 2015":
- Modificación 1.1. Modificación da ficha da especialidade de Encadernación artística (Documento 2 do PEMAO2015, paxs. 8-9):
- Horas complementarias: SUPRÍMESE Deseño gráfico (30 horas)
- Duración total especialidade: Currículum normal: 730 horas (con complementarias), Currículum extendido (con nivel avanzado): 800 horas
- Modificación 1.2. Modificación da ficha da especialidade de Serigrafía artística (Documento 2 do PEMAO2015, pax.9):
- Horas complementarias: SUPRÍMENSE Imaxe dixital 1 (30 horas), SUPRÍMESE Imaxe dixital 2 (30 horas)
- Duración total especialidade: Currículum normal: 730 horas (con complementarias), Currículum extendido (con nivel avanzado): 800 horas
- Modificación 1.3. Modificación Documento 2-Anexo XI Normas e características do Nivel Avanzado:
- Renumerar o Anexo XI como Anexo XII
- Incluir en Normas e Características, un apartado 2-bis coa seguinte redacción:
A duración do nivel Avanzado poderá ampliarse en 30 horas por curso se o número e as características dos proxectos presentados así o requerisen. Tal ampliación requirirá o acordo da totalidade do alumnado matriculado no nivel Avanzado nese curso, informe do mestre/a da materia e informe favorable da xefatura de estudos coa conformidade da dirección da Escola e resolución da Presidenta do Organismo Autónomo ou Concelleira-delegada de Educación (trala extinción do Organismo Autónomo e integración no Concello de Vigo). No caso de resolución favorable, na especialidade reducirase en 30 horas o curso/s monográficos programadas para ese ano académico e incrementarase nesas horas a certificación de estudos do alumnado en cuestión.
- Modificación 1.4. Documento 2
- Incluir un novo ANEXO XI Ourivaría: Perfil Profesional, Referente Formativo e Temporalización e Secuenciación, incorporando o documento elaborado pola mestra interina de Ourivaría Dna. Sandra de Jesús que se achega como anexo a este informe.
Modificación nº1
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 29 de abril de 2016, adoptou o seguinte acordo:
"Aprobar a 2ª modificación do Plan de Estudos EMAO 2015 (PEEMAO2015) (Xunta Rectora do Organismo Autónomo de 16/04/2015), no sentido de incluír un novo ANEXO XII ao Documento 2 (Redeseño do currículum por especialidades) do Plan de Estudos EMAO 2015: Redeseño curricular da especialidade Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM)-Luthería antiga: Perfil Profesional, Referente Formativo e Temporalización e Secuenciación. Documento recollido como Anexo a este informe e engadido ao expediente 46/613".
Modificación nº2