Participación cidadá

Elaboración de Orzamentos

Os veciños poden participar na forma na que o concello elabora o seu orzamento e presentar as reclamacións ao mesmo no período de exposición pública, de acordo co previsto nos artigos 168 a 171 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Vías de participación:

A través dos procedementos de:

  1. Rexistro de solicitudes e documentos no Rexistro Xeral do Concello de Vigo
  2. Rexistro de solicitudes e documentos no Rexistro Xeral da Xerencia de Urbanismo

Período para presentar alegacións:

Pódense presentar estas alegacións durante o período de exposición pública que se abre unha vez o orzamento sexa aprobado inicialmente polo Pleno. O orzamento debe aprobarse definitivamente antes do 31 de decembro do ano anterior a súa execución. No caso de non haber aprobación, o vixente se prorroga automaticamente ata que se aprobación posterior.

Prazo de exposición ao público e para presentar alegacións:

O prazo para presentar alegacións será de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio de exposición no boletín oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO). Son días hábiles todos os días menos os sábados, os domingos e os declarados festivos.

Durante este tempo, calquera interesado poderá examinar os orzamentos provisionais e presentar reclamacións.

Motivos polos que se pode alegar:

Tan só poderán facerse alegacións ao orzamento nos seguintes casos:

  • Por non terse axustado na su elaboración e aprobación aos trámites establecidos na lei.
  • Por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigas esixibles.
  • Por ser de manifesta insuficiencia os ingresos con relación aos gastos presupostados ou ben de estes respecto ás necesidades para as que se previra.

Persoas que poden alegar:

  1. Os habitantes no territorio de Vigo.
  2. Os que resulten directamente afectados, aínda que non habiten no territorio de Vigo.
  3. Os colexios oficiais, cámaras oficiais, sindicatos, asociacións e demais entidades legalmente constituídas para velar por intereses profesionais ou económicos e veciñais, cando actúen en defensa dos que lle son propios.

Resolución de alegacións:

O Pleno resolverá tódalas alegacións presentadas no mes seguinte ao fin do prazo para presentalas.

As alegacións serán debatidas e de ser adoitadas, incorporaranse ao orzamento definitivo. No caso de que estas non existiran, o orzamento aprobado inicialmente no seu día terá a consideración de definitivo.

Consulta do orzamento definitivo:

O orzamento definitivo tamén pode ser consultado durante o ano da súa execución na sección Información Económica, así como os orzamentos de exercicios anteriores.

Reclamacións ante o orzamento definitivo:

Contra o orzamento aprobado definitivamente pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que establece a súa xurisdición. A interposición do recurso non suspende por si soa a aplicación do orzamento.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100