Servizos Sociais
Concédense, en réxime de concorrencia competitiva, atendendo ao interese social dos distintos servizos e proxectos, á súa complementariedade coa oferta pública de servizos sociais, á calidade e ao carácter innovador das prestacións de servizos ofertados, á eficiencia no emprego de fondos públicos e á súa adecuación aos obxectivos fixados pola planificación autonómica en materia de servizos sociais.
Durante o período en que esté activa a convocatoria, no apartado convocatorias e subvencións,poderá consultar a información respectiva e, no seu caso, facer a solicitude dentro do prazo establecido.
Destinatarias
Entidades de interese social, sen ánimo de lucro, que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas Bases das Subvencións, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo e con sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Vigo.
Cada entidade ou agrupación de entidades solicitantes só pode presentar un proxecto á convocatoria.
Proxectos subvencionables
Proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:
A. Familia e Infancia:
B. Persoas maiores e persoas con discapacidade:
C. Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas:
D. Persoas marxinadas sen fogar:
E. Persoas toxicómanas (alcohólicas e drogodependentes):
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100