Medio Ambiente
O programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño" desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo arranca a súa tempada de outono cunha proposta de paseos interpretativos medioambientais nos sendeiros locais de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo.
Proseguirase coa actividade das hortas-escola, tanto no 1º nivel, de iniciación, como no 2º nivel, de profundización, que se están a desenvolver nos espazos habilitados en Navia, Camelias, Pedro Alvarado, Fontáns, Ramón Nieto e Sardomela.
Para todas as actividades tramítanse unicamente a través do servizo de atención telefónica do Concello de Vigo - 010 (móbil: 986 810 260), sendo o prazo de inscrición de luns a mércores, de 8 a 20 horas, da mesma semana da actividade. Para non empadroados habilítase o xoves.
No caso das rutas con achega, esta efectuarase segundo o procedemento indicado neste enlace. No caso das Visitas a Cíes e Acampadas familiares en Cíes a inscrición realízase segundo o establecido na programación.
De non efectuar o pago nos prazos marcados, perderase a praza e chamarase á lista de agarda.
Para axilizar ao máximo o tempo de chamada, é preciso ter a man os datos que as operadoras rexistran no proceso (Nome e apelidos, NIF, teléfono de contacto e idade); ademais é importante comentarlle á operadora calquera incidente que poida ser relevante para os monitores, guías e socorristas (alerxias, discapacidades que afecten á práctica de exercicio físico, lesións, etc).
Para participar nas actividades de Camiño a Camiño, e particularmente nos percorridos medioambientais, a organización poderá solicitar en calquera momento do DNI para identificar aos participantes segundo a información proporcionada polo 010.
Información dos percorridos medioambientais
O programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño" desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo arranca a súa tempada de outono cunha proposta de paseos interpretativos medioambientais nos sendeiros locais de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo.
O obxectivo é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade.
Ao finalizar os paseos terase ocasión de mesturar o patrimonio natural coa tradición cultural grazas ás actuacións musicais dos grupos que forman parte da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Máis información na solapa "Rutas" do Blog de Camiño a Camiño.
Requisitos para participar nas hortas-escola da relación anterior: ter Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude nos cursos. Gratuíto
Máis información na solapa "Hortas urbanas" do Blog de Camiño a Camiño
Espazo de información e participación da comunidade de Camiño a Camiño.
Información das rutas: Nos días previos ao inicio da inscrición poderás atopar información das rutas da seguinte fin de semana, así como un resume do que aconteceu no anterior. Tamén poderás descargar fotografías e información de interese.
Ademais, no correo info@caminoacaminovigo.org poderás deixar os teus comentarios ou aportacións ao blog.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100