Participación cidadá

Elaboración dos Instrumentos Urbanísticos

A regulación dos usos do solo é unha necesidade municipal para a xestión do territorio, un elemento básico do municipio.

Os cidadáns poden participar na toma de decisión do uso do solo cando se están a elaborar estes instrumentos, nos períodos de exposición pública e audiencia. Para elo, gozan do dereito á información pública no concello así como a posibilidade de acceder e coñecer en todo momento, mediante procedementos telemáticos, tanto os instrumentos xa aprobados como os que se atopan en trámite.

Vías de participación:

A través dos procedementos de:

  1. Rexistro de solicitudes e documentos no Rexistro Xeral da Xerencia de Urbanismo

O plan xeral de ordenación municipal (PXOM)

O PXOM é un instrumento de ordenación integral que abarca un ou varios termos municipais. Con el, clasifícase o chan para o establecemento do réxime xurídico correspondente, defínense os elementos fundamentais da estrutura xeral adoitada para a ordenación urbanística e establécense as determinacións orientadas a promover o seu desenvolvemento e execución.

Aprobación do PXOM: O concello, previo informe dos servizos técnicos e xurídicos municipais sobre a conformidade do plan coa lexislación vixente, procederá a súa aprobación inicial, sometendo o documento a información pública.

Prazo de exposición pública e para presentar alegacións: O prazo para presentar alegacións será de 2 meses, a partir do día seguinte á publicación do anuncio de exposición no Diario Oficial de Galicia (DOGA). Durante este tempo, calquera interesado poderá examinar e analizar os documentos que conforman o plan provisional e presentar reclamacións.

Resolución de alegacións: Tomando en consideración as alegacións formuladas nos trámites de información pública e consultas, o concello modificará, se fora preciso, o estudio ambiental estratéxico e elaborará a proposta do plan, que remitirá á Xunta de Galicia xunto co expediente de avaliación ambiental completo.

Plans parciais e plans especiais

Os plans parciais e os plans especiais son instrumentos que permiten modificar a ordenación detallada establecida polo PXOM, cando se teña por obxecto a mellora substancial da ordenación urbanística vixente, cando non afecten nin alteren de modo algún as determinacións do plan xeral, cando non impliquen un incremento da superficie edificable total nin a modificación dos usos globais ou cando non supoñan diminución ou fraccionamento da capacidade de servizo.

Poderase axustar, motivadamente, a delimitación dos sectores e áreas de reparto, sempre que non supoña unha alteración igual ou superior ao 0% do ámbito delimitado polo plan xeral. En todo caso, será necesaria a previa audiencia dos propietarios.

Aprobación inicial dos plans parciais ou plans especiais: O órgano municipal competente procederá a súa aprobación inicial e o someterá a información pública.

Prazo de exposición pública: O prazo para presentar alegacións será dun mínimo de 2 meses, a partir do día seguinte á publicación do anuncio de exposición no Diario Oficial de Galicia (DOGA). Tamén se lle dará publicidade nun dos periódicos de maior difusión de Pontevedra. Tamén se notificará individualmente a tódalas persoas titulares catastrais de terreos afectados.

Resolución de alegacións e aprobación definitiva: Se con posterioridade ao trámite de información pública, se pretendan introducir modificacións que supoñan un cambio substancial do documento inicialmente aprobado, abrirase un novo trámite de información pública.

O órgano municipal competente aprobará provisionalmente o contido do plan coas modificacións que foran pertinentes, someténdoo co expediente completo debidamente dilixenciado, ao órgano competente en materia de urbanismo para o seu informe preceptivo, que haberá de ser emitido no prazo de 2 meses a contar dende a entrada do expediente completo no rexistro da consellería. Transcorrido este prazo sen que se houbera comunicado o informe solicitado, poderá continuarse coa tramitación do plan.

Estudos de detalle

En desenvolvemento dos plans xerais, plans parciais e plans especiais, poderán redactarse estudos de detalle co obxectivo de completar ou axustar as aliñacións e rasantes, ordenar os volumes edificables ou concretar as condicións estéticas e de composición das edificacións complementarias do planeamento.

Os veciños poden participar na elaboración dos estudos de detalle no prazo de exposición ao público e aportar as suxestións e opinións ao respecto para ser incorporadas ao expediente.

Aprobación e prazo de exposición ao público: Serán aprobados inicialmente polo órgano municipal competente e sometidos á información pública por un prazo mínimo de 1 mes dende o día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOGA). Adicionalmente, tamén se publicará este anuncio nun dos periódicos de maior difusión da provincia de Pontevedra e se notificará individualmente a tódalas persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante este tempo, calquera interesado poderá examinar e analizar os documentos e presentar reclamacións.

Resolución das alegacións: Á vista do resultado de información pública, o órgano municipal aprobaraos definitivamente, coas modificacións que resultaran pertinentes.

Avaliacións do impacto ambiental e avaliacións do impacto ambiental de proxectos

A participación pública é un elemento fundamental na avaliación ambiental, dando oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración de proxectos que poidan afectar ao ambiente e na decisión da súa viabilidade

As administracións públicas afectadas, o público interesado e o público en xeral poden formular, no prazo máximo de 30 días, as observacións e suxestións de carácter ambiental que estimen oportunas.

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100