Cultura

Igrexa de Oia

  • A análise estilística dalgúns elementos da igrexa de San Miguel de Oia parecen situala no marco do barroco do século XVIII.
  • Localización: estrada da Igrexa, Roteas

Esta igrexa é un exemplo do modelo tradicional do rural galego. É de planta lonxitudinal sinxela, cunha soa nave cuberta a dúas augas. A fachada recolle a figura do santo nunha pequena fornela e a característica espadana no remate.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100