Organización Municipal

Órganos de Goberno

  • Alcaldía: o alcalde é o presidente da corporación , dirixe a administración municipal e representa ao municipio. É elixido entre os concelleiros e concelleiras por maioría absoluta, os cales son á súa vez elixidos, democráticamente pola veciñanza ,en eleccións municipais.
  • Tenencia de Alcaldía: un tenente de alcalde é un concelleiro ou concelleira dun Concello ao que o alcalde do mesmo, en uso das facultades que lle atribúe a lei, nomeou membro da Xunta de Goberno e recoñeceulle capacidade legal para substituírlle nos supostos que determina a lexislación, basicamente en caso de enfermidade, ausencia, dimisión ou falecemento.
  • Xunta de Goberno Local: a Xunta de Goberno Local é o órgano colexiado do equipo de goberno municipal. Intégrana o alcalde, os tenentes de alcalde e os concelleiros e concelleiras por el designados. Colabora de forma colexiada na función de dirección política do Alcalde e exerce as funcións executivas e administrativas que ten atribuidas por lei e por delegación do Alcalde.
  • Pleno: os plenos son as reunións oficiais ás que están convocados todos e todas os concelleiros e concelleiras da Corporación. Presididos polo alcalde, celébranse polo menos unha vez ao mes e teñen como función fundamental aprobar aquelas resolucións das comisións de traballo que sexan de maior importancia.
  • Concellerias: Composición do goberno municipal segundo as áreas de actuación.

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100