Cultura
Enderezo: rúa Velázquez Moreno, 18. 36202 Vigo. Pontevedra.
Teléfonos: 986 120 089 / 088
Fax: 986 120 099
Páxina web: www.naturnova.afundacion.org
e.mail: naturnova@afundacion.org
Horario en periodo escolar:
Sábados, agás festivos, de 17:30 a 20:30 horas. Visitas público xeral
De martes a venres, visitas concertadas con centros educativos e grupos, previa reserva na web www.escolares.afundacion.org.
Periodos vacacionais: consultar horario na web.
Entrada Natunova
Naturnova é un centro interactivo, cunha exposición permanente de temática ambiental, que se atopa na sede Afundación, en pleno corazón de Vigo.
O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos rodea para aprender a valoralo, respectalo e querelo. Ninguén quere aquilo que descoñece.
Un simulador dun submarino, maquetas, cheiros, sons, xogos interactivos, mapas... , todo iso axuda a descubrir e coñecer de forma divertida e amena a nosa contorna.
Neste centro pódese ver o sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta, gozar da realidade virtual sobrevoando Galicia ou viaxar ao fondo da ría de Vigo.
O percorrido comeza cunha visión do Universo, a nosa galaxia e o sistema solar, para continuar con todos os elementos que condicionan a vida no noso planeta (o solo, a auga, o aire) e tamén os seres vivos cos que compartimos o noso espazo. Finaliza coa relación entre o ser humano e o medio que lle rodea: como utiliza os recursos, como afecta á contorna ao usalos, e como, actualmente, trata de solucionar os problemas que creou.
Salas
O Universo: Nela pódense coñecer a estrutura e organización dos corpos celestes no Universo, descubrir onde nacen as estrelas e que son o Big bang ou os buracos negros. Tamén se mostran os planetas do sistema solar en movemento e as órbitas que describen, así como a súa posición nun día concreto. Ademais, pódese crear un planeta habitable ou descubrir cales foron os eventos máis importantes na aparición da vida na Terra.
O noso Planeta: Aquí móstrase a importancia que teñen o aire, a auga e o solo para o desenvolvemento da vida. Descóbrese como sería a Terra se nela non existise auga e tamén datos referidos á meteoroloxía, o ciclo da auga, os solos e as rochas de Galicia. Ademais, se analiza a gran variedade de seres vivos existentes no planeta, as relacións que se establecen entre eles, etc.
O Home e o seu Medio: Esta sala apréndenos como a humanidade utiliza os recursos da natureza. Tamén nos mostra os impactos producidos no medio e as solucións para paliar os mesmos: a reciclaxe, as enerxías renovables, as condutas responsables no uso dos recursos, etc.
É un gran espazo de entretemento, diversión e aprendizaxe!.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100