Deportes

Noticias Xornal

Lista de noticias

Noticias

2026-07-20. O Concello porá a disposición do Celta 791 asentos na nova Grada de Gol

Foto noticia
Abel Caballero achegouse este luns ao Estadio Municipal de Balaídos para comprobar o avance das obras de construción da nova Grada de Gol. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-16. O Goberno municipal investirá 317.000 euros na renovación do céspede do campo de fútbol de Monte da Mina

Foto noticia
Caballero destaca a modernización das instalacións deportivas de Castrelos e lembra que o campo tamén contará cun novo edificio de vestiarios dentro do plan municipal de 8,5 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-15. Castrelos prepárase para unha nova noite histórica apoiando a España na final do Mundial

Foto noticia
Abel Caballero sinalou que a selección \"xogará en Nova York e nós apoiarémolos desde o mellor auditorio ao aire libre do mundo, en Castrelos". O Concello manterá a pantalla xigante para seguir a final do Mundial, que se disputará o domingo 19 de xullo ás 21:00 horas, entre España e Arxentina ou Inglaterra. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-15. O Marisquiño converterá Samil nun gran escenario musical con catro espazos e programación continua

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores na presentación do cartel musical desta edición, na que destacou a vinculación do festival coa cidade. "O Marisquiño hoxe é unha parte profunda da identidade de Vigo, O Marisquiño é Vigo", afirmou o rexedor. O Concello inviste 1,3 millóns de euros no evento, sendo a única administración presente no patrocinio de O Marisquiño (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-14. Comeza a montaxe da estrutura que sosterá a cuberta da grada de Gol

Foto noticia
As barras e as bólas que conformarán a malla encargada de soster a cuberta da nova grada xa se atopan no estadio. A estrutura montarase inicialmente sobre o terreo e será izada por tramos durante o mes de agosto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-13. O rexedor recibe aos medallistas vigueses da Selección Galega de Espeleoloxía

Foto noticia
Abel Caballero recibiu en Alcaldía a David Lemos, do Club Montañeiros Celtas, e a María Luisa Barros, do Espeleoclub Aradelas e adestradora da selección, acompañados por Fernando Fernández Rey, vicepresidente do Club Montañeiros Celtas. O rexedor felicitounos pola súa destacada actuación no XX Campionato oficial de TPV en espeleoloxía, celebrado en Corberá de Llobregat, onde acadaron cinco medallas: tres ouros para David Lemos na categoría Veteranos A e dous bronces para María Luisa en Veteranos A feminina. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-10. O rexedor destaca a importancia da práctica deportiva das nenas e nenos no verán

Foto noticia
O alcalde asistiu este venres no campo de Pahiño á clausura do XII Campus Alerta Navia de fútbol. Organizado polo Club Polideportivo Alertanavia, co lema "Vén xogar con nós\" , trátase dunha iniciativa integrada no programa Educa da Concellaría de Deportes. Neste edición participaron 150 nenos e nenas e 12 monitores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-07. O Concello aproba as axudas deportivas para a organización e participación en fases de ascenso

Foto noticia
O Goberno municipal segue adoptando medidas para promover o deporte na cidade. Na última Xunta de Goberno aprobáronse accións por valor de case 175.000 euros entre as que figuran 90.000 euros para subvencionar entidades deportivas que participan ou organizan fases de ascenso. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-03. Caballero clausura o campus polideportivo de Balaídos

Foto noticia
O alcalde asistiu á clausura dunha nova edición do Campus Polideportivo de VIDE, unha iniciativa municipal consolidada que promove a práctica deportiva entre a mocidade de Vigo ao inicio do verán. O rexedor puxo en valor o éxito dun programa que, desde o ano 2000, ofrece unha alternativa de lecer saudable, combinando deporte, aprendizaxe e diversión coa colaboración dos principais clubs vigueses. Abel Caballero destacou a aposta do goberno local polo deporte base ao longo de todo o ano, favorecendo ademais a conciliación das familias durante o período estival. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-03. A carreira Ponle Freno reunirá a máis de 1.500 atletas e afeccionados este domingo

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado de representantes de Atresmedia, da Fundación AXA e do bicampión do mundo de maratón Abel Antón, presentou a cita, que se celebrará este domingo, 5 de xullo, ás 10.00 horas (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100