Limpeza e xestión de residuos
Chegan a Vigo os colectores de tapas marróns. Estes colectores teñen por obxecto o depósito daqueles restos que se producen na preparación das comidas, crúas ou cociñadas e calquera sobrante das mesmas como: cascas de ovo, mondas de patacas e froitas, restos de café moído, restos de infusións, etc. Tamén se admiten tapóns de cortiza ou pequenos restos vexetais. O obxectivo é dar unha segunda vida a ese tipo de residuos, obtendo un abono natural e de calidade que se poida utilizar tanto para a agricultura como para a xardinaría.
Non poderán usarse, por tanto, para depositar desperdicios como os restos de varrer, cinza ou cabichas, cueiros, comprimidas ou outros produtos hixiénicos, excrementos dos animais de compañía como cans ou gatos. Todos estes residuos deberán depositarse no colector de lixo de sempre (fracción resto).
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100