Percorridos medioambientais
O programa de educación medioambiental desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo arranca a súa tempada de primavera cunha proposta de percorridos medioambientais por Vigo e o sur da provincia de Pontevedra. A intención é achegarnos aos principais miradoiros e achegarse á riqueza natural e paisaxística que se pode contemplar dende os mesmos.
Miradoiros de Vigo e sur de Pontevedra*
- 12 abril: Miradoiros de Vigo (O Maruxento-Maúxo Grande-Alto da Bandeira)
- 19 abril: Miradoiros de Redondela (Fenteira e Coto da Aguia)
- 26 abril: Miradoiros de Porriño (Faro Budiño) e Ponteareas (San Cibrao)
- 3 maio: Miradoiros de Tomiño (Monte Tetón) e Gondomar (Alto de San Antoniño)
- 10 maio: Miradoiros de Baiona (Alto da Groba e Alto de Corroubelo)
- 17 maio: Miradoiros de O Rosal (Alto do Niño do Corvo)**
- 24 maio: Miradoiros de A Cañiza (Alto da Paradanta)**
* Horario: 9:00-15:00, Convocatoria: 8:30. ** Día completo
XI Andaina polos montes de Vigo*
- 31 maio Montes de Zamáns, Beade e Bembrive
* Información adicional dende 14 de maio
Ruta nocturna*
- 6 xuño Ruta nocturna polos montes de Valladares
* Horario: 20:30-01:00, Convocatoria: 20:00.
Inscrición e Funcionamento
- Percorridos de mañá (gratuíto, ata 165 prazas): Saída 9:00 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:30. Retorno estimado: entre 14:00-15:00, na Praza do Rei, agás etapas do 17 e 24 de maio, que será sobre 18:00-19:00. Desprazamento autobús discrecional.
- Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
- Sistema de adxudicación de prazas: un/unha participante non poderá participar en dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade.
- Recollida do ticket de viaxe: ao coller o autobús na Praza do Rei.
- Renuncia á inscrición: no caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23. Non facelo pode supór a limitación á participación en actividades posteriores.