Mobilidade: tráfico e transportes

Noticias de tráfico e seguridade

Lista de noticias

Noticias

2026-01-23. O Concello construirá 6 novas vivendas na rúa Canicouva

Foto noticia
O alcalde avanzou que a Xerencia de Urbanismo aprobará a segregación dunha parcela do CEIP Canicouva para construír máis vivenda a prezo taxado. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-19. A humanización da rúa Pablo Iglesias, homenaxea ao Celta cunha escultura do escudo e unha oliveira centenaria

Foto noticia
O alcalde inaugurou hoxe a humanización da rúa Pablo Iglesias, que contou cun investimento de cerca de 1.300.000 euros. "É unha mellora integral da rúa que homenaxea ao Celta cunha escultura do escudo en pedra e unha oliveira centenaria", destacou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-16. Zona Franca cede ao Concello unha parcela en Pablo Iglesias para aparcamento e zona verde

Foto noticia
A Xerencia de Urbanismo tomará coñecemento no Consello do vindeiro martes do inicio do proceso para subscribir un convenio para a cesión dos terremos que suman 12.775 metros cadrados. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-16. O goberno local avanza na construción de 200 vivendas públicas de Santa Cristina

Foto noticia
Abel Caballero avanzou que a Xerencia de Urbanismo aprobará a redacción do proxecto de urbanización cun importe de 41.000 euros (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-16. O Concello subvenciona 400 rehabilitacións de vivendas por importe de 4,3 millóns

Foto noticia
O goberno local financiou 123 actuacións de rehabilitación realizadas en 2025 cunha achega de 1,2 millóns. A este número hai que sumar outras 279 iniciativas que están en execución. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-19. O Concello avanza na xestión de vivenda pública a través da Empresa Municipal

Foto noticia
A Empresa Municipal de Vivenda asumirá como primeira actuación a construción de 200 vivendas en Santa Cristina. Tal e como anunciou Caballero, o capital inicial desta iniciativa é de 4,5 millóns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-12. Concello e Transportes avanzan no convenio para a humanización da AP9

Foto noticia
A Xerencia de Urbanismo tomará coñecemento o vindeiro martes do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Transportes e o Concello para a mellora, integración e humanización da AP9 en todo o espazo que recorre na cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-11. O Goberno estrea en Vigo o programa que ofrecerá 67 vivendas en alugueiro

Foto noticia
O alcalde recibiu este xoves á ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, que presentou na cidade Casa 47, a nova entidade estatal de vivenda, que publicará unha convocatoria piloto de vivendas en alugueiro, das que 67 estarán en Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-04. Abel Caballero: "A Praza de España será unha das grandes transformacións desta cidade"

Foto noticia
O alcalde tamén informou de que comezou a expropiación dos terreos para a construción do novo acceso ao colexio Párroco Don Camilo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-02. Concello e Universidade cooperan para a creación dun observatorio da vivenda

Foto noticia
Co obxectivo de contar cun diagnóstico rigoroso da situación da vivenda en Vigo, Concello e Universidade impulsan un observatorio que permitirá monitorizar e aplicar as medidas de corrección necesarias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100