Xerencia Municipal de Urbanismo
Servicio de Urbanización e Infraestruturas
A Oficina de Urbanización e Infraestruturas está encargada de tramitar e redactar proxectos de urbanización de iniciativa privada ou pública no desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU).
Entre os servizos que se prestan, están os de emitir as Actas de Liña e Rasante para todo tipo de desenvolvementos edificatorios, asesoramento sobre a redacción de proxectos de Urbanización e o seguimento e recepción das obras derivadas de estes.
A Sede Electrónica proporciónalle unha listaxe cos trámites relacionados con este servizo, ademais de toda a documentación necesaria, os formularios e impresos, taxas e demais cuestións relacionadas con cada un.
Proxecto de Obras de urbanización no PERI IV San Roque.
Aprobación do texto inicial do convenio urbanístico de execución do planeamento a subscribir entre o Concello de Vigo e a mercantil Alvariño Inversiones S.L. para a realización de obra de urbanización (prolongación da rúa) na rúa Barxa de Covelo (conexión da rúa Barxa do Covelo coa rúa Gandarón) expediente 325/403
Aprobación do texto inicial do convenio urbanístico para a execución do planeamento no Ámbito da AOP-21 do Instrumento de Ordenación Provisional de Vigo, expediente 99650/421.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100