Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Trámites

Lista de trámites

Inscrición no Rexistro Municipal de Parellas de Feito

O Rexistro Municipal de Parellas de Feito esta en proceso de eliminación, polo que non se estan realizando novas inscricións. Porén, informámoslle que ten a súa disposición o Rexistro Autonómico dependente da Xunta de Galicia.

Datos de contacto do Rexistro Autonómico dependente da Xunta de Galicia:

  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  • Xefatura Territorial de Pontevedra
  • Servizo de Xustiza e Administración Local
  • Calle Fernández Ladreda, 43-9º - 36003 Pontevedra
  • Telf.: 986805312 / 986805383 Fax: 986805391
  • Correo-e: parellasdefeito.pr.pontevedra@xunta.gal

Queixas e Suxestións

Este trámite está creado para a defensa dos intereses dos veciños e veciñas nas relacións co Concello. Pode comunicar accións de mellora ou deficencias no funcionamento dos servizos municipais.

Non se admitiran as queixas que estean pendentes de resolución xudicial, as anónimas e aquelas nas que se advirta abuso de dereito, carencia de fundamento, inexistencia de pretensión, así como aquelas outras cuxa tramitación irrogue prexuízo ó lexítimo dereito de terceira persoa.

Nota:

Este trámite é exclusivamente para Queixas e Suxestións.

As peticións aos departamentos de cuestións determinadas deberán ir dirixidas ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, e faranse de forma presencial ou a través da Carpeta do Cidadán.

Rexistro Municipal de Asociacións

Os Concellos deben establecer un rexistro para a inscrición das asociacións que actúen no seu territorio, nos termos e cos efectos previstos no artigo 236 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

O Rexistro Municipal de Asociacións, ten por obxectivo permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre éstas e o Concello e coñecer os seus fins e a súa representatividade, cara a posibilitar o fomento do asociacionismo e participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

Solicitude de Cesión do Auditorio do Centro Municipal de Teis

Trámite para solicitar lugares acondicionados para o desenvolvemento de actividades socioculturais.

Solicitude de Espazos e Equipamento nos Centros Municipais

Trámite para a solicitar de lugares acondicionados para reunións, asembleas etc. ou préstamo de material.

Subvencións para o fomento do asociacionismo e da Participación Cidadá 2019

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellaría de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais e sociedades culturais co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía. Os programas subvencionables, para o cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades, son os seguintes:

- Programa I: Gastos de mantemento

- Programa II: Gastos en investimento: equipamento

- Programa III: Gastos en investimento: obras e adquisición de inmobles