A importancia das algas nos areais de Vigo. O seu obxectivo é sensibilizar á cidadanía da importancia que as macroalgas varadas teñen no ecosistema dunha praia, e mostrar por que non é conveniente a súa retirada en época estival mediante medios mecánicos.
Mareal / Cíes. Os límites do concello de Vigo esténdense ao longo de 46 km de costa, nos que se suceden 38 areais que ocupan unha extensión de 11,2 km, aos que hai que sumar as nove praias das illas Cíes na cabeceira da ría e os seus 100.000 m2.