Igualdade

Publicacións

Neste apartado vostede pode coñecer os distintos traballos, coleccións, documentos e plans, publicados pola Concellería de Igualdade, descargándoos en formato pdf.

  • Guía de Servizos e Recursos para Mulleres de Vigo. Compilación de todos os servizos e recursos sociais públicos, ou dependentes de asociacións, destinados a mulleres en Vigo. ( 70 páxinas, 274 Kb).
  • Guía información xeral sobre violencia de xénero en 5 idiomas.
    Este material está dispoñible en 5 idiomas: galego, castelán, inglés, francés e chinés co obxecto de garantir que esta información chegue por igual a todas as mulleres, independentemente do idioma que empreguen.
    Os/As profesionais dos servizos sociais, sanitarios, educativos, policiais, e demais axentes sociais, poderán empregar esta guia como material de apoio para a detección, atención, derivación e coordinación dos casos de violencia de xénero nos que interveñan.
  • Memoria Enlaza Vigo 2011-2019 Descargar PDF (11,6 mb) 73 páxinas
    Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro de cada ano, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller poñen en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres. Buscando a implicación da comunidade educativa dos centros de ensino secundario da cidade, desde o ano 2011, organizamos a iniciativa ENLAZA-VIGO-reacción cidadá contra a violencia de xénero.
  • Datas e datos para lembrar en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano
    Esta publicación recolle as doce datas conmemorativas que teñen que abordar os centros de ensino durante o curso escolar: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Consumo responsable, Día Mundial da Saúde, Día do Libro, Día da Liberdade de Prensa, Día de Europa, Día das Letras Galegas, Día do Medio Ambiente, Día contra a violencia de xénero, Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia e Día dos Dereitos Humanos. O manual contén deste xeito 12 unidades didácticas como proposta de intervención con perspectiva de xénero para o alumnado de secundaria.
  • I Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres 2000-2003. Foi aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o 5 de xullo do 2000 por unanimidade. O texto pretende, dende a reflexión, incidir nas directrices de actuación en todos os eidos nos que se sustenta a violencia de xénero. (70 páxinas, 160 Kb).
  • II Plan Municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo. Aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o 25 de novembro do 2002. Recolle propostas de actuación en áreas como a educación ou o emprego cara á igualdade de oportunidades. (112 páxinas, 161 Kb).
  • III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (2005 - 2007). Constituído por políticas de igualdade específicas e transversais, integradas en catro grandes áreas: Coeducación, Conciliación, Promoción da igualdade no mercado laboral e Hábitos de vida saludable. (96 páxinas, 6,3 Mb).
  • II Plan de Acción Municipal para combater a Violencia contra as Mulleres 2004-2007. Plan que pretende dar continuidade ao obxectivo central de loitar contra a violencia de xénero, posto en marcha ao abeiro do I Plan de Acción Municipal, aprobado polo Pleno da Corporación Municipal para o período 2004-2007. (62 páxinas, 2,6 Mb).
  • IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Vigo 2009-2012. Aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o día 25 de novembro de 2009 e vixente na actualidade por acordo da Xunta de Goberno Local do día 25 de xaneiro de 2013. (63 páxinas, 478 kb).
  • I Plan de Igualdade do Persoal ao servizo do Concello de Vigo. A Mesa Sectorial de Negociación, en sesión do 27 de xullo de 2021, aproba  e asina  o  "I Plan de Igualdade do Persoal ao Servizo do Concello de Vigo". Posteriormente foi aprobado polo Pleno da Corporación Municipal, por unanimidade, na sesión do 15 de setembro de 2021.
    Este plan é froito da negociación da representación sindical do Concello e o goberno municipal traballando conxuntamente desde a constitución da Mesa Sectorial de Negociación o 9 de outubro de 2019.
    O documento recolle os antecedentes, a metodoloxía do proceso e as conclusións máis relevantes do informe diagnóstico cuxo alcance para o estudo foi o ano 2017. O documento recolle tamén as medidas de actuación con indicación do cronograma, indicadores e servizos responsables da súa execución.
    Cunha vixencia de 4 anos o plan ten como obxectivo principal " A integración transversal do principio de igualdade nas actuacións do Concello de Vigo e eliminar os obstáculos que impidan ou dificulten a igualdade efectiva de mulleres e homes".
    As 140 medidas en total que recolle o Plan estrutúranse en doce eixos de actuación:
    1. Proceso de selección e contratación
    2. Desenvolvemento da carreira profesional
    3. Clasificación profesional
    4. Infrarrepresentación feminina
    5. Formación
    6. Retribucións
    7. Conciliación e Corresponsabilidade
    8. Prevención do acoso sexual e por razón de sexo
    9. Violencia de xénero
    10. Condicións de traballo e saúde laboral
    11. Comunicación, cultura e responsabilidade corporativa
    12. Transversalidade, estudos, informes e medios
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100