Cultura e arte
Horario:
Servizos:
O artista José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro (Lalín 1908 – Vigo 1996) conta na Fundación Laxeiro cunha exposición permanente formada por un total de 62 obras propiedade do Concello de Vigo e cedidas en réxime de depósito á Fundación Laxeiro, entidade creada en 1999 que vela pola difusión e a investigación da obra deste artista.
Laxeiro está considerado como o máximo representante do movemento coñecido como "Renovadores" do vangardismo histórico galego, protagonistas dunha renovación plástica que superaba o rexionalismo imperante na época e que situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.
Ademais da colección permanente, a Fundación Laxeiro organiza exposicións temporais, con fondos de coleccións privadas e públicas do mesmo autor, cede obras para exposicións antolóxicas, divulga obras en exposicións organizadas fóra de Vigo, cataloga obras inéditas do autor e programa diversas actividades artísticas sobre todo no ámbito do pensamento estético contemporáneo, con especial atención aos artistas galegos mozos.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100