Cultura e arte

Colección de Arte Francisco Fernández del Riego

Enderezo: praza da Princesa, 2. 36202 Vigo
Teléfono: 986 226 459
Fax: 986 229 081
e-mail: casagalegadacultura@vigo.org

Horario xeral SEN exposicións na planta baixa.:

  • Luns a Venres (laborables): de 18 a 20:00 horas. 
  • Do 15 de xuño ao 15 de setembro de 11:00 a 14:00 horas. Laborables só de mañá.
Horario xeral CON exposicións na planta baixa.:
  • De luns a venres.- De 18,00 a 21,00 h.
  • Sábados.- De 12,00 a 14,00 h e de 18,00 a 21,00 h.
  • Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h

 

 Servizos:

  • Acceso a minusválidos.

En 1995 Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913) fai doazón dos seus fondos bibliográficos, documentais e artísticos á cidade de Vigo, cidade na que viviu e traballou durante moitos anos e á que dedicou boa parte dos seus esforzos.

A colección está integrada por máis de vinte mil títulos, aos que hai que engadir a correspondencia persoal que Fernández del Riego mantivo, ao longo de décadas, coas máis destacadas figuras do galeguismo e a intelectualidade no período de entre guerras.

A colección artística, eixo do museo e altamente representativa da arte galega desde finais do século XIX, está composta por 254 pezas das que 79 son obras pictóricas de artistas como Maside, Castelao, Minguillón, Díaz Pardo, Torres, Colmeiro, Ruibal ou Granell.

Neste eido artístico tamén se poden atopar obras dos escultores Failde Gago e Elena Colmeiro, así como fotografías e obxectos persoais que testemuñan a condición de erudito de Francisco Fernández del Riego e que constatan, en definitiva, o significado intelectual, galeguista e amigo das artes que Fernández del Riego tivo nos círculos artísticos.

Desde o punto de vista cronolóxico, a primeira colección é de autoría de Ovidio Murguía, fillo de Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Entre as coleccións máis recentes, hai obras de artistas da última década do século XX como Din Matamoro.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100