Xerencia Municipal de Urbanismo

Plataforma de Edición de Proxectos

  • Descargar aplicación.
    • Se está a usar o navegador Chrome para descargar a aplicación deberá seleccionar a opción "Guardar enlace como... " que aparecerá ao pulsar o botón dereito do rato sobre a ligazón.
  • Manual de usuario
  • Requisitos mínimos da aplicación:
    • Sistema Operativo Windows 7 ou superior.
    • Java 8. Recoméndase instalar a versión de 32 bits (páxina descarga )
    • DNI electrónico ou certificado electrónico aceptado por @firma (lista de certificados aceptados)
    • Os arquivos non deberán estar protexidos contra escritura para poder engadir o código CSV (Código Seguro de Verificación de firma)
  • Incidencias: Para incidencias relacionadas coa instalación e funcionamento poden escribir a incidencias.proxectos.xmu@vigo.org

  • Suxestións: Para suxestións sobre a plataforma de edición de proxectos poden escribir a suxerencias.proxectos.xmu@vigo.org

Os proxectos técnicos en formato dixital deberán achegarse en formato PDF asinados polo seu autor ou ben visados polo correspondente colexio profesional. 

A plataforma de edición de proxectos é unha aplicación que facilita a presentación telemática de proxectos técnicos en formato dixital. Permite editar un proxecto con distintos arquivos dixitais en formato PDF, seguindo unha estrutura predeterminada, asinalo electrónicamente e envialo á Xerencia Municipal de Urbanismo. 

A plataforma de edición de proxectos non é un rexistro electrónico, senón unha ferramenta que permite asinar e subir un proxecto a un repositorio a disposición da XMU. A aplicación proporcionaralle un código que deberá incluír na solicitude de licenza urbanística ou comunicación previa. Unha vez rexistrada no Rexistro da XMU unha solicitude de licenza ou unha comunicación previa co devandito código, a Xerencia descargará o proxecto e incorporáseo á solicitude ou comunicación. 

Unha vez instalada a aplicación plataforma de edición de proxectos no seu ordenador, o primeiro paso é rexistrarse co seu DNI electrónico ou certificado dixital recoñecido pola plataforma de validación de @firma. Só é necesario facelo a primeira vez. 

Unha vez rexistrado poderá identificarse co seu certificado e acceder á aplicación para editar o seu proxecto e envialo á Xerencia. 

A aplicación permite ter en edición varios proxectos simultaneamente. Unha vez confirmado o proxecto non se poderán realizar cambios. 

O nome do proxecto deberá indicar o tipo de proxecto : Proxecto básico, Proxecto básico e execución, proxecto reformado de básico, proxecto de legalización, proxecto de derruba, proxecto de parcelación etc : exemplo "Proxecto básico de vivenda unifamiliar en Toxo nº23, Beade". 

Os arquivos dixitais que compoñen o proxecto técnico deberán responder a seguinte estrutura: 

  • Memoria: cada capitulo da memoria deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido. 
  • Planos: Cada plano deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido. 
  • Orzamento: incluirase un arquivo PDF cun resumo do presuposto por capítulos. 
  • Outros documentos: cada documento será un arquivo PDF. 

O tamaño máximo de cada arquivo será de 6 Mb.Os arquivos non deberán estar protexidos contra escritura para poder engadir o código CSV (Código Seguro de Verificación de firma).

O nome dos arquivos estará composto unicamente por letras e números e non poderá incluír caracteres especiais nin acentuados.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100