Limpeza

Pilas usadas

Onde depositalas

Deposítanse en:

  •  Colectores de cor amarela tipo papeleira, situados nos illotes de reciclaxe.
  • Colectores de sobremesa situados nos establecementos comerciais, centros públicos, etc. nos que se solicitou e existe a posibilidade de realizar este tipo de recollida selectiva.

Que podo depositar

Podemos depositar neles: pilas de botón, alcalinas, secas, recargables, etc.

Como colaborar coa recollida selectiva

  • Deposita todas as pilas de uso doméstico, tanto as pilas de tipo botón como o resto, no colector da área de achega ou nos colectores situados nos establecementos.

Onde levan os residuos

As pilas usadas transpórtanse a SOGARISA.

Como se clasifican e reciclan os residuos

Unha vez que as pilas son depositadas no seu colector específico, son recollidas e enviadas ao seu xestor autorizado para o seu tratamento.

As pilas se inertizan químicamente eliminando o seu poder contaminante e depositando o lodo resultante da inertización en depósitos de seguridade..

Neste proceso sepáranse as carcasas de metal das pilas par a súa posterior reciclaxe.

Beneficios da Reciclaxe

Desde o punto de vista ambiental, son moi importantes, por conter produtos altamente nocivos e tóxicos, como mercurio, cadmio, zinc, etc., que son elementos que se acumulan en diversos elos da cadea alimentaria, provocando problemas de saúde nos seres vivos.

¿Sabías que a súa toxicidade é tan elevada que unha soa pila de tipo botón pode contaminar 600.000 litros de auga?

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100