Servizos Sociais

Noticias de Benestar Social

25/04/2013:

Vigo adhiérese a un convenio que facilitará vivendas de entidades bancarias a persoas vítimas de desafiuzamentos.

 

 

 

Lista de noticias

Noticias

2026-09-16. O Concello retoma o 10 de outubro o programa "Bailes en Vigo"

Foto noticia
A Asociación de Veciños de Beade abrirá a temporada de outono-inverno da iniciativa municipal gratuíta, incluída nas actividades de "Vigo, cidade amiga das persoas maiores". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-15. Caballero denuncia que Vigo queda fóra das novas prazas en residencias de maiores anunciadas pola Xunta

Foto noticia
O alcalde reclama explicacións ao presidente do executivo galego, Alfonso Rueda, e sinala que Vigo dispón de 604 prazas públicas de ámbito autonómico fronte ás 3.586 que necesitaría segundo a ratio establecida pola OMS. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-15. O Concello abre as rutas histórico-culturais para as persoas maiores

Foto noticia
Este martes comezan as inscricións na actividade a través do teléfono de información municipal 010. Son catro percorridos por diferentes zonas da cidade, totalmente gratuítos e especialmente deseñados para persoas de 65 ou máis anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-14. O Concello abre a oferta formativa en competencias dixitais para persoas maiores

Foto noticia
Abel Caballero deu conta este luns do inicio dos cursos de competencias dixitais para maiores de 65 anos que se impartirán nos centros cívicos e serán completamente gratuítos con aprendizaxe 100% práctica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-09. Vigo retoma o 14 de setembro os talleres do programa "Vigo, cidade amiga das persoas maiores"

Foto noticia
As actividades organizadas polo Concello desenvolveranse en 50 localizacións de toda a cidade ata o 15 de decembro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-02. O Goberno municipal concede 41 axudas de emerxencia social por preto de 13.000 euros

Foto noticia
O Concello destina máis de 5.000 euros a once axudas para o alugueiro co obxectivo de evitar desafiuzamentos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-01. O Goberno de Vigo eleva un 55% as becas de comedor e garante a axuda a todas as familias que cumpran os requisitos

Foto noticia
Vigo aumenta de 45 a 70 euros mensuais a achega por cada neno ou nena e destina ata 3 millóns aos comedores, mentres a Xunta mantén conxeladas as súas axudas ás ANPA. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-27. O Goberno Municipal reforza o apoio aos comedores sociais cun novo convenio con La Sal de la Tierra

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o convenio de colaboración coa Asociación La Sal de la Tierra para financiar o seu comedor social e o servizo de repartición de alimentos a persoas en situación de necesidade. O acordo terá unha duración de catro anos, cunha achega municipal total de 40.000 euros, a razón de 10.000 euros anuais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-26. Caballero felicita ao usuario do SAD, Vicente, polo seu 100 aniversario

Foto noticia
Abel Caballero achegouse ata a casa dun usuario so Servizo de Axuda a Domicilio para desexarlle un feliz aniversario. Vicente, con 100 anos, estivo acompañado pola súa fillo e máis familia. O alcalde e as concelleiras Yolanda Aguiar e Nuria Rodríguez asistiron á pequena celebración na que recibiu como agasallo un ramo de flores en nome da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-18. O alcalde felicita a unha usuaria do SAD polo seu 101 aniversario

Foto noticia
Abel Caballero achegouse ata a casa dunha usuaria so Servizo de Axuda a Domicilio para desexarlle un feliz aniversario. Florinda, con 101 anos, estivo acompañada pola súa filla e o seu xenro. O alcalde e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, asistiron á pequena celebración na que recibiu como agasallo un ramo de flores en nome da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100