Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.
Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Atopará máis información na nosa Política de Cookies
Plan sanitario de esterilización felina: Solución recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a University Federation Animal Welfare (UFAW) sobre o estado sanitario e o control demográfico nas colonias de gatos libres que viven na cidade.
Animais potencialmente perigosos: As persoas propietarias, criadoras ou tenedoras de cans considerados como de raza perigosa teñen que tramitar a correspondente licenza municipal no Concello onde resida a/o propietaria/o do can (onde estea empadroado), ademáis de proceder á inscrición do can onde este resida.
Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC): É un rexistro informatizado onde se recolle toda a información dos microchips dos cans identificados en Galicia. É propiedade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e actualmente está xestionado polo Consello Galego de Colexios Veterinarios.
Control de poboación das gaivotas: Solucionar as molestias ocasionadas á veciñanza e acadar o equilibrio entre a colonia urbana de gaivotas e benestar urbano, son os obxectivos das accións postas en marcha pola Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo do Concello de Vigo, contando coa colaboración cidadá.
Prohibición de circos con animais.: VIGO, PRIMEIRA GRAN CIDADE DE GALICIA EN PROHIBIR OS CIRCOS CON ANIMAIS.
O 22 de febreiro de 2013 a Xunta de Goberno Local, a proposta da Concellería de Medio Ambiente, acordou aprobar a non autorización de circos con animais nos terreos municipais do Concello de Vigo.
Son moitos os perxuízos que estaban a causar as instalacións de circos na cidade, como vertidos de augas residuais e riesgos de seguridade nas instalacións, así como o emprazamento en espazos sensibles como é o areal de Samil, pero especialmente o que prima nesta medida é acadar o benestar e protección destes animais que, na maioría dos casos, veñen sendo aloxados en remolques de camión, pequenas gaiolas e outros lugares que non son os idóneos para garantir a súa calidade de vida.