Limpeza e xestión de residuos

Puntos limpos

O punto limpo fixo é unha instalación para recibir residuos especiais que non poden ser depositados nos colectores da cidade, de xeito gratuíto e voluntario para as e os cidadáns empadronados no Concello de Vigo.

O punto limpo móbil é un xeito de achegar aos cidadáns o servizo de punto limpo da cidade, dado que é un vehículo que se estaciona en 12 localizacións fixas durante todos os días do ano agás festivos. Deste xeito achégase aos domicilios dos usuarios do servizo, evitando que teñan que desprazarse polos seus medios ata as instalación do punto limpo fixo ubicado no camiño do caramuxo.

Mapa de puntos limpos móbiles

Os puntos limpos de proximidade están distribuídos polos distintos barrios da cidade para promover a correcta separación e reciclaxe de residuos entre a cidadanía, para a posterior reutilización e reciclaxe de residuos como aceite vexetal usado (que debe depositarse nunha botella de plástico), tapas de botellas, libros e revistas, pequenos residuos eléctricos e electrónicos, pilas usadas, lámpadas fluorescentes e de baixo consumo, cartuchos de tóner e aerosois, cápsulas de café, radiografías e CD, DVD e cintas de vídeo.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100