Sanidade e Saúde

Actividades 2012

A concellería de Sanidade presenta o programa "SAUDABLE NA PRAIA 2012" que vai dirixido a tódalas persoas a partires de 15 anos que lles apetezca realizar actividade física e culinaria en grupo cun enfoque lúdico e saudable.

Obxectivos

 Traballarase diferentes obxectivos:

  • Mellora das cualidades físicas básicas coma a forza (tren superior, tren inferior e tronco), flexibilidade de todo o corpo e capacidade cardiorerspiratoria.
  • Vivenciar o ritmo enfocado dende varios pontos de vista, atendendo os diferentes obxectivos plantexados.
  • Potenciar actitudes de cara a exercicios de corrección de descompensacións e desaxustes músculo-esqueléticas.
  • Favorecelo interés cara a práctica da actividade física como un hábito de vida saudable, e o seu compoñente afectivo e socializador.
  • Dar a coñecer as bondades e ventaxas da cociña saudable actual
  • Manexar pautas alimenticias saudables para todas as idades
  • Coñecer pautas de cociña saudable compatibilizando vida sana, prezos económicos e unha rápida preparación.

Lugar e período de prestación do servizo

 Ximnasia de mantemento e aeróbic

  •  Durante os meses de Xullo (do 6 ó 31) e Agosto do 2012 na contorna das praias de Samil, praia de Teis (Etea) e praia do Vao.

Horario

  • PRAIA SAMIL: luns, mércores e venres de 20 a 21 hs.
  • PRAIA DO VAO E DE TEIS (ETEA): martes e xoves de 20 a 21 hs.

Cociña saudable

Horario

  • PRAIA DE SAMIL: Xullo – venres 6 de 10 a 14 hs. e xoves 12, 19 e 26 de 10 a 14 hs.
  • Agosto – xoves 2, 9, 16, 23 e 30 de 10.30 a 13.30 hs.
  • PRAIA DE TEIS (ETEA): Agosto – martes 7, 14, 21 e 28 de 10.30 a 13.30 hs.

Consideracións a ter en conta

  • O horario de mañán está máis enfocado a grupos de maiores
  • O horario de tarde está máis enfocado a grupos de adolescentes e adultos

 

Gimnasia en la Playa
Cocina Saludable
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100