O Plan Saúde constitúe un significativo avance nun ambicioso programa, financiado íntegramente pola Concellería de Sanidade do Concello de Vigo, co que se persigue un claro compromiso de desenvolvimento sostible, a mellora da saúde e da calidade de vida da poboación viguesa.
O Concello plantexa unha proposta de diferentes actividades a levar a cabo en asociacións e centros veciñais, achegando aos vigueses a posibilidade de realizar no seu propio entorno actividades que promovan o exercizo constante de intensidade moderada, baixo pautas que impliquen a mellora da saúde.
- Zona de promoción de hábitos de vida saudable.
- Programa de "actividade física saudable": Tai Chi, ximnasia de mantenemento, ximnasia suave a nivel de iniciación, pilates, actividade física saudable.
- Elaboración dun mapa da cidade con 8 rutas urbanas de diferente dificultade e que sexan accesibles para o público en xeral. Descargar rutas urbanas saudables (pdf)
- Programa de medicións de parámetros saudables nas Asociacións de Veciños da cidade (tensión arterial, peso, graxa corporal, Índice de Risco Cardiovascular, etc).
- Programa de Terapia Asistida con cans en asociacións ou entidades que teñan menores con déficit de atención con hiperactividade, trastornos do estado de ánimo, deficiencias sensoriais, entre outras.
- Charlas sobre nutrición nas Asociacións de Veciños.
Principais obxectivos do Plan Saúde
- Promocionar un modelo de cidade comprometida coa saúde.
- Potenciar, impulsar e difundir o concepto de saúde e calidade de vida sustentada na realización de estilos de vida saudables en toda a poboación da cidade.
- Promover a responsabilidade e a participación individual e colectiva da poboación na súa propia saúde.
Persoas destinatarias
Destinado á poboación xeral da cidade de Vigo, pero con especial relevancia aos escolares, adolescentes, mulleres e anciáns por ser grupos de especial risco e nos que o beneficio potencial pode ser maior.