Igualdade

Subvencións

A Concellería de Igualdade desenvolve anualmente un programa subvencións dirixidas a fomentar a participación feminina, con dúas liñas:

  • Liña de subvencións dirixidas ao fomento do asociacionismo feminino: concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades sen ánimo de lucro (asociacións de mulleres, veciñais, sindicais, etc) constituídas legalmente como tales, para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres.
  • Liña de subvencións dirixidas á promoción do deporte feminino: subvencións as actuacións das federacións e clubs deportivos do municipio de Vigo, co fin de promocionar, facilitar e incrementar a participación feminina en todos os ámbitos do deporte.

A información actualizada das convocatorias atópase no seguinte enlace: Subvencións

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100