Maiores
Os Centros Sociais pódense definir como institucións de información social, entretemento e dinamización sociocultural e comunitaria, cun ámbito territorial determinado, cuxas actividades van dirixidas, de modo xeralista, ao conxunto da poboación.
Algunhas actividades como obradoiros de informática, aeróbic, pilates, conferencias sobre cine e outras artes, excursións, adoitan ter, polo seu carácter participativo, unha gran aceptación por parte dos veciños do barrio no que están ubicados.
Como servizos comúns e prácticamente fixos inclúen bar, biblioteca, salón de actos e sá de exposicións.
As actividades ofrécense no marco dunha programación e un calendario para cada período lectivo ou curso e non son fixas.
A inscripción como usuario do Centro é gratuita e as taxas por asistencia ás actividades son mínimas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100