- Fomentar a esterilización e salubridade dos núcleos con alta densidade de gatos para conquerir unha convivencia beneficiosa nas colonias urbanas de Vigo.
- Co Plan Sanitario de Esterilización Felina estamos a aplicar a solución recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a University Federation Animal Welfare (UFAW) sobre o estado sanitario e o control demográfico nas colonias de gatos libres que viven na cidade.
- Implicación da Universidade de Vigo, do Colexio de Biólogos de Galicia, do Colexio de Veterinarios de Pontevedra e maila Protectora de Animais de Vigo a través da sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Vigo
- O Concello de Vigo ten investido preto de 400.000 euros na atención aos animais e na mellora das instalacións municipais (construcción dun quirófano para gatos, reformas do recinto, adquisición vehículo recollida animais,
- Moitas cidades do noso país (Valencia, Xixón, Plasencia), de América Latina, Estados Unidos e Europa, puxeron en marcha a esterilización cirúrxica para femias e machos de caninos e felinos, conquerindo resultados reais, incluso con crecementos de taxa cero, en cidades como Rosario en Arxentina.
Colaboración cidadá
A colaboración veciñal no éxito do Plan de esterilización felina das colonias de Vigo é clave. Por iso, lémbraselle a todos os veciños que lles conste a existencia de colonias de gatos rueiros que poden poñerse en contacto co Departamento de Medio Ambiente do Concello de Vigo no teléfono 010.
Resumen das actuacións:
Últimos Datos estadísticos: Gatos esterilizados a data 1 de novembro de 2024: 8712.