Plan de acción axenda urbana de Vigo

Noticias

Logos

Lista de noticias

Noticias

2026-02-06. O alcalde visita as melloradas salas de exposición da Casa das Artes

Foto noticia
O alcalde percorreu este venres, coa primeira tenente de alcalde, o concelleiro de Cultura, o director dos museos municipais e o responsable do Museo Quiñones de León, o remodelado espazo expositivo da primeira planta da Casa das Artes. O Concello investiu preto de 200.000 euros nas obras de mellora. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-04. O Concello amosa o papel que desenvolveron "As mulleres de Castrelos"

Foto noticia
O Pazo de Castrelos organiza un ciclo de visitas guiadas durante o mes de marzo centrado nas mulleres que viviron e levaron adiante a súa xestión ao longo da historia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-29. "Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia", amosa o rostro dos libros no Marco

Foto noticia
Desde o 30 de xaneiro ao 17 de maio o Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle unha exposición que repasa as cubertas dos libros da Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-28. O alcalde anuncia o inicio de obras por importe superior aos 2 millóns de euros en febreiro

Foto noticia
A mellora do Verbum, a reforma da grada do estadio de fútbol de Samil, a Biblioteca de Teis e a renovación do aglomerado do entorno da rúa Brasil son as obras que comezarán ao longo do mes de febreiro. O orzamento destes proxectos supera os 2 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-16. VigoCultura estrea a programación de 2026 con 27 novos espectáculos

Foto noticia
O venres 30 de xaneiro comeza na Porta do Sol a programación para o primeiro semestre de VigoCultura 2026 con "Carman", unha comedia para todos os públicos. A nova oferta cultural que poderá verse entre as rúas do Príncipe, Porta do Sol e o Auditorio Municipal inclúe comedia, monólogos, teatro clásico e contemporáneo así como maxia, para atender ás preferencias escénicas de todos os públicos. "VigoCultura" é a "repetición dun éxito comprobado", afirmou o alcalde. A venda de entradas e abonos comezará o 19 de xaneiro ás 10:00h. na páxina www.giglon.com e na Papelería Folder Progreso (Rúa do Progreso 22). (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-14. Caballero dá a benvida á nova directiva do Instituto de Estudos Vigueses

Foto noticia
O alcalde felicitou e desexou unha boa traxectoria a Mercedes Bangueses, nova presidenta do Instituto de Estudos Vigueses. A nova directiva acudiu á xuntanza para expoñer ao rexedor os obxectivos da institución para os próximos catro anos e agradecer a colaboración do Concello para desenvolver os seus proxectos. Mercedes Bangueses é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Vigo. É a primeira muller en presidir o Instituto de Estudos Vigueses. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-13. Vigo consolida o crecemento de visitantes nos seus museos cun aumento de case o 7% en 2025

Foto noticia
"A nosa proposta de mellora dos espazos museísticos está a funcionar. Cada vez temos máis visitas", subliñou o rexedor. En total foron 311.442 as persoas que se achegaron ata os museos de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-17. VigoCultura regresará o 30 de xaneiro con 27 novos espectáculos

Foto noticia
O alcalde informou de que haberá dous espectáculos de rúa para dar o pistoletazo de saída a toda a programación do primeiro semestre de VigoCultura. O Auditorio Municipal acollerá dúas estreas e una representación teatral internacional. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-16. O Concello ofrece actividades de conciliación nos museos durante o Nadal

Foto noticia
O alcalde explicou que haberá actividades para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos no Pazo de Castrelos os días 23 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, así como na Pinacoteca os días 22, 24, 26, 29 e 31 de decembro e o 7 de xaneiro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-15. A Orquestra Vigo 430 despregará un programa con seis concertos en 2026

Foto noticia
A Orquestra Vigo 430 despregará en 2026 seis concertos de música sinfónica protagonizados por intérpretes galegos e internacionais, segundo destacou este luns o alcalde ao presentar, co concelleiro de Cultura e a xerente da formación, o programa que se desenvolverá ao longo do primeiro semestre do próximo ano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100