Parques e sendeirismo

Parques forestais

Os parques forestais de Vigo, situados a escasa distancia do centro da cidade, dispoñen dunha superficie total de 705.460 m2. A maior parte dos bosques de Vigo atópanse na parte do municipio que en un relevo máis montañoso. Moitos son de propiedade comunal e, grazas ao esforzo colectivo das e dos veciños, conservan un ecosistema que resistiu o paso do progreso.

En boa parte dos montes e bosques vigueses hai zonas de recreo moi ben equipadas, amplas e perfectamente acoutadas, o que permite que a cidadanía poidan gozar do bosque sen degradalo. Trátase dunha ducia de parques forestais que rodean, como unha coroa, todo o municipio e albergan espléndidos miradoiros desde os que é posible alcanzar unha visión panorámica de ducias de quilómetros cadrados.

Todos os parques forestais están comunicados polos sendeiros do GR53, o que implica unha maior oferta para as persoas amantes do sendeirismo, posibilitando a combinación de aventura, natureza, deporte, coñecemento do medio e ocio sen saír do Concello. Preténdese continuar coa repoboación de especies como bidueiras e carballos, co obxectivo de alcanzar unha plantación acorde coa vexetación autóctona para mellorar o impacto visual, o paisaxismo e obter un ambiente máis agradable, sobre todo naquelas épocas nas que existe unha maior demanda de sombra por parte dos sendeiristas.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100