Patrimonio Histórico
O bosquete é o complemento e contrapunto do xardín. É outra paisaxe distinta, máis ventureira. Loureiros, abeleiras, robinias, acivros, pradairos, eucaliptos, faias e, sobre todo, grandes carballos, fornecen un lugar que non carece de certo romanticismo. O pombal e o campo de tenis testemuñan que este era o espazo de lecer dos moradores do Pazo.
Accédese a esta zona por un paseo de camelias (chamado paseo de Odriozola, estudoso do xénero Camelia), que desemboca no pombal.
O pombal, edificación típica nos pazos galegos como demostra o dito popular; “Pombal, capela e ciprés, pazo es”.
A pista de tenis é unha das primeiras que houbo en Galicia. A súa construción relaciónase coa visita ó pazo dos oficiais dos buques ingleses fondeados na ría a comezos do século XX.
O paseo dos eucaliptos é de un porte tal, que levou a Xunta de Galicia a incluílos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Así mesmo están considerados como as árbores mais altas do municipio, acadando alturas superiores ós 55 m.
As especies máis salientables deste xardín son:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100