As Illas Cíes

Ruta do Faro da Porta

  • Distancia: 5 Km
  • Duración: 1h 30 min.
  • Tipo de ruta: non circular
  • Dificultade: baixa

Ao igual que na ruta do monte Faro, partimos da caseta de información, tomamos o camiño da esquerda e cruzamos o dique que une as dúas illas (Monteagudo e do Faro). Continuamos o camiño e deixamos atrás o camping e o observatorio de aves. Ao chegar á altura da praia de Nosa Señora atopámonos coa encrucillada principal da illa do Faro.

Desde aquí collemos a pista de Rodeiras -deixamos á nosa esquerda a praia de Nosa Señora e o illote de Viños- que nos conducirá até o embarcadoiro de Carracido (30min). A partir deste punto o camiño comeza a ascender lixeiramente, bordeando a costa sur da illa, até chegar ao faro da Porta. As vistas panorámicas desde este faro son sobre a illa de San Martiño, a máis meridional das tres e a única que non está comunicada por liña regular.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100