Limpeza

Envases plásticos

Onde depositalos

Deposítanse nos colectores de cor amarela de 2.400 litros.
Que podo depositar

Recóllense todos os envases lixeiros domésticos de plástico.

  • SI: botes e botellas de plástico: auga, aceite, refrescos, iogures, limpadores do fogar, cosméticos e aseo persoal, bolsas plásticas, filme, envoltorios e bandexas de alimentos, botellas de refrescos, de auga mineral, de deterxentes, de suavizantes, bolsas de comercios, bandexas de cortiza branca, tarrinas de iogur...
  • NON: pneumáticos, xoguetes plásticos, recipientes ou botes plásticos que conteñen tinta.

Como colaborar coa recollida selectiva

  • Esmaga e ponlle o tapón ás botellas de auga para ocupar menos espazo.
  • Baleira ben o seu contido e procura que non conteñan restos orgánicos.
  • Esmaga as botellas plásticas elaboradas con PET, tal e como indica o fabricante, para reducir o seu volume.

Onde lévanse Van á Planta de transferencia de Guixar, de aí á planta de clasificación de envases de SOGAMA, para finalmente ser reciclados nos centros de reciclaxe autorizados por Ecoembes e Ecovidrio.

Como se clasifican e reciclan

Para poder reciclar os envases plásticos é necesario clasificalos de forma manual, nos seguintes tipos:

  • Polietileno de alta densidade
  • PEAD: botellas de suavizantes, e hixiene corporal, limpadores,...
  • Polietileno de baixa densidade.
  • PEBD: Bolsas e filme.
  • PET: Botellas de auga, botellas de refresco de 2 litros,...
  • Plástico mestura: o resto.

Xa recuperados, os residuos son embalados segundo as especificacións técnicas indicadas por Ecoembes, para o seu posterior envío ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indique Ecoembes.

¿Sabías que nos envases plásticos aparece un número dentro dun símbolo de reciclaxe que identifica cada tipo de plástico? 1 PET; 2 HPDE; 3 PVC; 4 LDPE; 5 PP; 6 PS...

Utilidades dos envases plásticos recuperados

  • A partir dos envases de PEAD, vólvense a fabricar botellas de deterxente, tubaxes, sacos,...
  • O PET recuperado utilízase como recheo (Fibras de Poliéster) para sacos de durmir, "anoraks", faise flexe para suxeitar balas, palets, envases para produtos non alimentarios, como deterxente líquido, produtos de hixiene corporal.
  • O PEBD seleccionado utilízase para fabricar novas bolsas de plástico, mobiliario urbano, valos, tubaxes,...
  • Co plástico mestura elabóranse produtos ou utensilios que non necesitan unha composición química específica, que adoitan ser fundamentalmente, mobiliario urbano, bolsas de lixo,...

Beneficios da reciclaxe

  • Reciclar unha tonelada de plástico supón aforrar o equivalente a 2 toneladas de petróleo.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100