Información
San Paio, ou Sampaio, ou San Paio de Fóra, esténdese pola estrada que vai ao aeroporto e sobe á Madroa. Xeograficamente, pecha polo norte o val do Lagares. Ata hai 25 anos pertencía a Lavadores. Así, a igrexia parroquial foi realizada no final da década dos 60 do século pasado.
Na zona predominan as vivendas unifamiliares, malia o que non se rexistra actividade agrícola algunha nin sequera como actividade económica complementaria. A meirande parte da súa poboación procede doutros puntos de Galicia. A parroquia conserva un peto de ánimas do XIX, nun conxunto de casas antigas, e un par de lavadoiros. A festa de San Paio celébrase o 21, 22 e 23 de xuño.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100