Parques e sendeirismo
Os montes que bordean Vigo, pola súa parte máis afastada do mar, contan con varias rutas de sendeirismo desde as que poder achegarse á natureza e descubrir a outra cara da cidade. Estas rutas de longo percorrido poden dividirse en varios treitos e, ademais de ter un trazado de dificultade baixa, contan con liñas de transporte urbano en varios puntos do percorrido. Isto, unido ás numerosas zonas de descanso que atopamos ao longo do percorrido, fai que sexan aptas para todo tipo de camiñantes. Pero quizais o máis destacado son as magníficas vistas da cidade e da súa ría que se poden admirar desde numerosos puntos do trazado.
O GR53 percorre os montes de Vigo desde A Madroa até A Garrida, nos seus máis de 56 km; e o sendeiro das Greas forma parte dun sendeiro máis longo que percorre a provincia de Pontevedra.
Ademais, sen saír do centro, atopamos os chamados sendeiros urbanos, máis pequenos (o maior ten unha lonxitude de 6km) pero igual de interesantes para dar un tranquilo paseo pola cidade.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100