Limpeza

Vidro

Onde depositalos

Deposítanse nos colectores "tipo iglú" de cor verde de 3.000 litros.

Que podo depositar

Recóllense todos os envases de vidro, ... sen ningún tipo de elemento metálico, tapa, cortiza, etc.

  • SI: como son botellas, tarros, botes,
  • NON: lámpadas, cristais de fiestras ou portas, cerámica.

Como colaborar coa recollida selectiva

  • Retira as tapas e os tapóns dos botes e botellas de vidro.
  • Deposita os botes e botellas de vidro sen tapas nin tapóns.
  • Baleira ben o seu contido e procura que non conteñan restos orgánicos.

Onde levan

Envíanse directamente aos centros de reciclaxe autorizados por Ecoembes e Ecovidrio.

Como se clasifican e reciclan

O proceso de reciclaxe do vidro é moi sinxelo.

En primeiro lugar, os botes e botellas recollidos, envíanse ás fábricas vidreiras onde se esmagan e se lavan, separando ademais todos os materiais indesexados distintos ao vidro (tapóns, papeis, plásticos,...).

Este vidro limpo esmagado e sen impurezas (chamado CALCÍN) pode introducirse no forno xunto coa mestura de materias primas tradicionais, reducindo a cantidade destas últimas, obténdose así novos envases de vidro.

Beneficios da Reciclaxe

  • Aforro de enerxía, auga e materias primas.
  • Redución de erosións producidas na procura e extraccións de materias primas.
  • Diminución do índice de emisión de contaminantes á atmosfera durante a fusión.
  • Na fabricación do vidro reciclado, máis do 80% das materias primas orixinais son substituídas polo CALCÍN, obtido do vidrio depositado nos colectores de recollida selectiva.
  • Coa enerxía que aforra a reciclaxe dunha botella poderíase manter acendida unha lámpada de 100 vatios durante 4 horas.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100