Medio Ambiente

Camiño para nenos

“Pequeruta” polo río Lagares:

Dentro da oferta de actividades que a Concellería ten organizada para os máis pequenos, atópase esta ruta adaptada para os nenos, onde poderán percorrer unha senda moi doada para eles, á vez que aprenden dun xeito lúdico sobre os ecosistemas dos humedáis, a marisma, o río e a foz da desembocadura.

Actividade de repoboación forestal:

O pasado 2 de febreiro a ONU declarou ao 2011 como Ano Internacional dos Bosques, destacando que representan o 30% do territorio e acollen ao 80% da biodiversidade do planeta. Por estes motivos a Concellería inclúe esta actividade de educación ambiental enfocada para os nenos, onde coñecerán a importancia do mantemento destes ecosistemas, e ademáis terán a oportunidade de participar nun programa de repoboación dentro do municipio.

“Multitarea na praia de O Vao”:

Este ambicioso programa abordará nunha xornada completa varios obxectivos relacionados coa información sobre o ecosistema costeiro. Os rapaces poderán facer unha ruta marítima en Kaiak e Vela Lixeira, importantes medios de desprazamento non contaminantes para o noso entorno; ademáis participarán en varios obradoiros de educación ambiental con motivo de coñecer a biodiversidade na zona intermareal e mariña; por último todos os rapaces observarán directamente varias especies naturais da ría de Vigo, “apadroando” e “amadriñando” a un número importante de especies e participando na súa liberación final na praia.

Calendario:

12 de marzo:

  • “Pequeruta” para nenos polo río Lagares:

    Nota: actividade suspendida por inclemencias meteorolóxicas.

    Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 9:45 horas para sair nos autocares ás 10:00 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio aproximadamente ás 14:30, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo.
    Polo carácter infantil desta ruta, a inscrición precisa dos seguintes trámites previos:
    • Preinscrición telefónica no servicio de atención ao cidadán 010, dende o luns 7 ao venres 11 de marzo.
    • Descarga da plantilla do consentimento informado.
    • Entrega da plantilla debidamente cuberta e asinada aos responsables da actividade, o mesmo sábado á hora da convocatoria.
    • Idade dos participantes: 8 a 17 anos.
  • Nota: A actividade é só para nenos, pero os de 8 e 9 anos deberán ir acompañados polos país/nais/titores nas viaxes de ida e volta en autocar.

27 de marzo:

  • Repoboación forestal para nenos: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 10:45 horas para sair nos autocares ás 11:00 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio aproximadamente ás 14:30 horas, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo. Polo carácter infantil desta ruta, a inscrición precisa dos seguintes trámites previos:
    • Preinscrición telefónica no servicio de atención ao cidadán 010, dende o luns 21 ao venres 25 de marzo.
    • Descarga da plantilla do consentimento informado.
    • Entrega da plantilla debidamente cuberta e asinada aos responsables da actividade, o mesmo domingo á hora da convocatoria.
    • Idade dos participantes: 8 a 17 anos.
    • Debido ás tarefas de repoboación que farán nesta actividade, é recomendable que todos os rapaces traian roupa cómoda e que se poida manchar, ademáis de botas de camiñar.

7 de maio:

  • Multitarea nº 1 para nenos na praia de O Vao: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 09:45 horas para sair nos autocares ás 10:00 ata a saída da ruta. Realizarán varios obradoiros de educación ambiental, navegarán en Kaiak e vela lixeira, ademáis de apadriñar e amadriñar varias especies que liberarán na propia Praia, e realizar varios obradoiros de carácter ambiental. Finalizada a actividade, volverán ao mesmo punto de inicio entre as 19:30 e 20:00 horas aproximadamente, dependendo da climatoloxía que acompañe esa xornada. Polo carácter infantil desta ruta, a inscrición precisa dos seguintes trámites previos:
    • Preinscrición telefónica no servicio de atención ao cidadán 010, dende o luns anterior á actividade.
    • Descarga da plantilla do consentimento informado.
    • Entrega da plantilla debidamente cuberta e asinada aos responsables da actividade, o mesmo sábado á hora da convocatoria.
    • Idade dos participantes: 8 a 17 anos.
    • Os participantes de 8 e 9 anos deberán ir acompañados no traxecto de ida e volta nos autocares de Vitrasa, ou achegalos e recollelos persoalmente na Praia do Vao.

14 de maio:

  • Multitarea nº 2 para nenos na praia de O Vao: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 09:45 horas para sair nos autocares ás 10:00 ata a saída da ruta. Realizarán varios obradoiros de educación ambiental, navegarán en Kaiak e vela lixeira, ademáis de apadriñar e amadriñar varias especies que liberarán na propia Praia, e realizar varios obradoiros de carácter ambiental. Finalizada a actividade, volverán ao mesmo punto de inicio entre as 19:30 e 20:00 horas aproximadamente, dependendo da climatoloxía que acompañe esa xornada. Polo carácter infantil desta ruta, a inscrición precisa dos seguintes trámites previos:
    • Preinscrición telefónica no servicio de atención ao cidadán 010, dende o luns anterior á actividade.
    • Descarga da plantilla do consentimento informado.
    • Entrega da plantilla debidamente cuberta e asinada aos responsables da actividade, o mesmo sábado á hora da convocatoria.
    • Idade dos participantes: 8 a 17 anos.
    • Os participantes de 8 e 9 anos deberán ir acompañados no traxecto de ida e volta nos autocares de Vitrasa, ou achegalos e recollelos persoalmente na Praia do Vao.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100