Medio Ambiente

Camiño de Verán: Illas Cíes

O programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño” desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente e de Xuventude, en colaboración co Parque nacional das Illas Atlánticas, desenvolve durante os meses de xullo a setembro de 2011 un programa de sensibilización e voluntariado medioambiental nas Illas Cies.

Como en edicións anteriores, "Camiño a Camiño" ábrese á cidadanía viguesa para achegar os distintos espazos con riqueza medioambiental e proporcionar unha oportunidade para coñecelos, sentilos e integrarse neles. Nesta edición de verán a actividade vaise centrar na "xoia" medioambiental localizada no Parque nacional das Illas Atlánticas: as Illas Cies.

260 vigueses e viguesas van ter a oportunidade de acampar na illa, coñecer a fondo os recursos naturais asentados na mesma e colaborar na súa conservación, facendo deste xeito compatible un ecosistema privilexiado e protexido coa presenza de turistas.

Actividades previstas

As habituais camiñadas de "Camiño a camiño" polas diversos roteiros da illa será unha das actividades destacadas. Nesta ocasión, acompañado dos monitores correspondentes, realizaránse fotografías e estará dispoñible toda a información no blog que para o efecto se ten creado.

A laboura de voluntariado ambiental a realizar de acordo coas propostas efectuadas polo Parque nacional será a segunda gran tarefa a desenvolver por parte dos participantes. Entre as actividades previstas atópase a retirada de plantas invasoras, o coidado das dunas, etc, así como a sensibilización a través da recollida de cabichas, limpeza de praias, etc

No programa está previsto a disposición de tempo para intendencia (organización das tendas, facer a comida -tamén existe un menú económico no camping-, etc) e para disfroitar da praia ou do entorno.

Compromisos

As Concellerías de Medio Ambiente e de Xuventude comprométense a cubrir os gastos de desprazamento ás Illas Cíes dende o peirao de pasaxeiros da Laxe, a proporcionar unha praza no Camping de Cíes, a permitir o acceso a servizos habilitados polo Parque nacional das Illas Atlánticas (cociña, duchas, etc), así como a proporcionar os seguros correspondentes á actividade.

Corresponde ás persoas participantes asumir a manutención, así como levar o seguinte equipo:

  • Imprescindible: tenda de campaña (só quenda de fin de semana), saco de durmir, esterilla ou colchón inchable, roupa cómoda, roupa de abrigo para a noite, chuvasqueiro, roupa de baño, calzado de camiñar (tipo botas de trekking) e calzado cómodo (incluído chanclas para ducha), toalla, útiles de aseo, crema solar con factor de protección alto, gafas de sol, gorra, lanterna, mochila pequena
  • Recomendable: cámara de fotos, prismáticos, cantimplora 1litro, bloc de notas e bolígrafo, teléfono móbil e cargador
  • Documentación: DNI e copia da ficha de inscrición

As Concellerías de Medio Ambiente e de Xuventude non se fan responsable da perda, extravío, roubo ou estrago da documentación e dos obxectos persoais (mochilas, cascos, roupa, etc) dos/das usuarios/as.

As persoas participantes deberán ir identificadas, durante o tempo de realización de actividades, cos elementos proporcionados pola Concellería de Xuventude, así como coidar e facer un uso correcto das instalacións e do material posto á súa disposición. Tamén deberán tratar de forma respectuosa aos compañeiros/as e ao persoal responsable, e cumprir cos horarios de actividade e de descanso marcados.

Quendas

O programa estruturase en dúas partes:

  • 23 xullo - 2 setembro: pechado
  • 3 - 30 setembro: inscrición dende o 29 de agosto.

3 - 30 setembro

Destinatarios:

Persoas maiores de idade que poderán acudir acompañados dos seus fillos residentes en Vigo.

Quendas e participantes por quenda:

1. Sábado a domingo de setembro: 50 persoas

  • Quenda A: 3-4 setembro
  • Quenda B: 10-11 setembro
  • Quenda C: 17-18 setembro
  • Quenda D: 24-25 setembro

Nota: neste caso cada participante leva a tenda de campaña, existindo 9 prazas nas tendas da Concellería de Medioambiente e Xuventude para que así o solicite.

2. Luns a venres de setembro: 6 persoas

  • Quenda 1: 5-9 setembro
  • Quenda 2: 12-16 setembro
  • Quenda 3: 19-23 setembro
  • Quenda 4: 26-30 setembro

Preinscrición no 010:

  • Quenda A e Quenda 1: do 29 ao 31 de agosto
  • Quenda B e Quenda 2: do 5 ao 7 de setembro
  • Quenda C e Quenda 3: do 12 ao 14 de setembro
  • Quenda D e Quenda 4: do 19 ao 21 de setembro

Nota: cada persoa só poderá preinscribirse nunha quenda. A inscrición faise por estrito orde de chegada.

Inscrición definitiva na Concellería de Xuventude

As persoas confirmadas por parte do 010 como admitidas na quenda solicitada terán que entregar a ficha de inscrición, fotocopia do dni e unha fianza de 10 euros (devolverase no momento de incorporación na actividade nas Illas Cies) na Casa da Xuventude (López Mora nº 31) en horario de mañá ou tarde segundo os seguintes prazos:

  • Quenda A e Quenda 1: 1 de setembro
  • Quenda B e Quenda 2: 8 de setembro
  • Quenda C e Quenda 3: 15 de setembro
  • Quenda D e Quenda 4: 22 de setembro

Unha vez inscrito entregarase unha ficha de embarque con información adicional sobre a viaxe, o equipamento e a comida.

Nota: aquelas persoas que non entreguen a ficha de inscrición na data determinada perderán a súa praza e chamarase ao seguinte preinscrito/a na lista de agarda.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100